Skip to Content

Chega o entroido!

CUNHA LEDICIA SEN PAR, CHEGA O... ENTROIDO!

 

 ¿Que será que cando chega

cunha ledicia sen par,

a xente tápase a cara

e logo ponse a bailar?
 
Comeza o TEMPO DE TROULA,  a festa que máis nos gusta: 
O ENTROIDO!
O Meco do Ruxidoiro xa nos enviou os MANDADOS.
Comezamos o luns,5 de febreiro!
 

MENÚ FEBREIRO

II Andaina pola PAZ

Programación do Entroido 2024

Reserva de praza 2024-2025

Mercadillo Solidario de Nadal

Visita a aula hospitalaria e donación de postais de Nadal

O noso alumnado que participou na elaboración de postais de Nadal e quixo doalas entregáronse na aula hospitalaria do complexo hospitalario de Ourense.

No seguinte enlace podedes ver un anaquiño da visita e a  "Felicitación Cantada" na que foron representantes de alumnado do centro, profesorado e da Anpa do centro.

https://www.facebook.com/SergasOurense/videos/367810572491771/?extid=NS-UNK-UNK-UNK-IOS_GK0T-GK1C&mibextid=WC7FNe

 

 

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA NO 2023

Todo preparado para dar comezo a última reunión do Ruxi Club do 2023:                             

                    

 

O pasado venres celebramos a última reunión do Ruxi Club deste 2023. Tocaba sesión co Grupo 2, pero como era un día especial, a mestra encargada do Club quixo dar un pequeno agasallo a todo o alumnado que participa no Club de Lectura, así que reunímonos na biblioteca os dous Grupos para recibir un pequeno doce.

 

                    

 

Logo de desexarnos Boas Festas e felicitarnos o Ano Novo, os integrantes do Grupo 1 marcharon e quedamos reunidos o Grupo 2 tal e como estaba previsto.

A reunión deu para moito, rematamos de comentar o libro que estábamos a ler "Plan de rescate" de Antía Yáñez. A rapazada comentou que se trata dun libro divertido, de intriga e que lles gustou bastante.

Como xa vai sendo habitual, ao rematar de intercambiar impresións sobre o libro, a coordinadora do Club preparaulles un Pasapalabra sobre o mesmo. Pásamolo pipa! Acertaron todas as preguntas!

 

                   

 

Unha vez rematado o Pasapalabra tocou escoller a nova lectura... A decisión estivo moi axustada...

 

                   

 

E a próxima lectura será...

 

                             

                       O Equipo da Biblioteca deséxavos

                         Boas Festas e Boas Lecturas!!!

 

 

MENÚ DE XANEIRO

Distribuir contenido


by Dr. Radut