Skip to Content

BOS DÍAS COLE 2023/2024

Dende a ANPA e colaborando co Concello de Barbadás, queriamos saber se é posible implantar en horario de tarde o programa Bos Días Cole para o vindeiro curso 2023-24, para mellorar a conciliación familiar.

Para iso temos que saber cantas familias estarían interesadas neste servizo, sempre que xustifiquen, cun certificado de traballo, a necesidade de conciliación nesa franxa horaria.

Se se chega a un mínimo de 12 familias interesadas que xustifiquen a necesidade do servizo, o Concello comprométese a poñer en marcha o Servizo Bos Días Cole en horario de tarde.

Os interesados ​​poden comunicar o seu interese enviándonos un correo electrónico ao enderezo electrónico da Anpa: anpaoruxidoiro@gmail.com

 

Moitas grazas polo teu interese



contido | by Dr. Radut