Skip to Content

CANCELACIÓN EXCURSIÓN 6º PRIMARIA E SORTEO DAS CESTAS

Bo día a todos/as:

Debido á situación actual, vémonos na obriga de cancelar definitivamente a excursión de fin de curso do alumnado de 6º de Primaria.

A pesar da cancelación e debido a que as cestas xa están montadas, consideramos oportuna a celebración do SORTEOdas mesmas. Farase o XOVES 25 DE XUÑO, ás 12 da mañá. Unha vez sorteadas, rógase ás persoas gañadoras que se poñan en contacto na maior brevidade posible co centro para recibir as indicacións para a súa recollida.

Como xa se venderan rifas, o diñeiro recadado irá destinado a unha pequena xuntanza de despedida que faremos en canto as circunstancias o permitan. No caso de non ser posible levala a cabo, no mes de Setembro ese diñeiro será doado.

Informaremos de todos os pasos que vaiamos dando a través deste medio.

Queremos dar as GRAZAS a ACISA e aos comerciantes da vila que sempre nos axudan, a Radio Foz pola difusión e a colaboración no sorteo, a todas aquelas persoas que compraron rifas e a todas as que dalgunha forma colaboran con nós cada ano.

Esperamos poder volver á normalidade moi pronto e que o noso alumnado poida seguir desfrutando doutras moitas viaxes.

Un saúdo e desculpade as molestias que se puideran causar.

       A organización

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN ALUMNADO 2020/2021

Seguindo as Instrucións do 30 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021,

as listaxes provisionais e definitivas das persoas admitidas e excluídas, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, poden ser consultadas polas familias das seguintes formas:

 Presencial: taboleiro de anuncios situado dentro do edificio escolar (porta principal colexio)

 Non presencial: a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/21

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21

Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º e 4º de E. Primaria, curso 20-21

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de E. Primaria, curso 20-21

Axudas para material escolar: alumnado de todos os niveis de E. Primaria, curso  20-21

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros, Sede electrónica da Xunta de Galicia ou no Centro no horario de 10 a 13 horas a partir do 25 de maio e ata o 19 de xuño.

Para evitar aglomeracións no centro e cumprir coas medidas de seguridade deberán chamar previamente ao 982870314

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS 3º TRIMESTRE CURSO 2019/2020

Ponse á disposición de toda a comunidade educativa as adaptacións levadas a cabo nas programacións do 3º trimestre nas etapas de educación infantil e primaria.

1º Primaria   2º Primaria   3º Primaria

4º Primaria   5º Primaria   6º Primaria

Educación Infantil

RESTABLÉCESE O PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21

Prazo para a presentación das solicitudes: do 11 ao 18 de maio.

Horario de atención ao público no centro: de 10 a 13 h.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut