Publicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021/22.
Destinatarios:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educ. Primaria
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL, 5º e 6º EP) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
Prazo presentación: ata o 22 de xuño.
- No centro: Presentación dos modelos correspondentes ao Anexo I e II debidamente asinados, xunto coa documentación necesaria (copia libro de familia)
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (A solicitude será única para todos os fillos)
Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 dividido entre o número de membros computables. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.