Skip to Content

Proxecto eTwinning Infantil

Os nenos e nenas de Infantil do noso centro participaron o pasado mes de decembro nun intercambio de postais de nadal con Romanía e Francia. Para levar a cabo este intercambio, o noso alumnado elaborou postais de nadal cunha mensaxe en inglés e galego para desexar unhas boas festas aos nenos e nenas da École Sainte Anne, en Asserac, e da Scoala Gimnaziola, en Galati.
O principal obxectivo desta actividade é concienciar ao noso alumnado da necesidade real de aprender unha lingua estranxeira. Xunto coa lingua estranxeira, traballamos máis cousas como a tolerancia e respecto a outras culturas e a competencia linguística en ambas linguas.
Compartimos con vós un vídeo para que vexades que ben o pasamos facendo as postais e que especial foi recibir o noso paquete. Non só traía postais, tamén algún agasallo :)

Ligazón ao vídeo

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

As familias do alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 poden recoller as máscaras, na secretaría do centro, nos seguintes días e horarios:

Mércores 26 de xaneiro: 9:30-11:30h // 13:00-14:30h

Xoves 27 de xaneiro: 10:30-12:00h // 13:00-14:00h // 16:00-18:00h

Venres 28 de xaneiro: 9:30-10:30 // 11:30-12:20h

NOVOS PROTOCOLOS DA DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA

Reserva de praza en centro adscrito (IES de Foz)

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Reserva de praza para alumnado de 6º de Primaria para o IES:

Poderase facer a través da aplicación admisiónalumnado coas seguintes opcións:

-Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

-Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica.

-Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. ANEXO

ADAPTACIÓN DA GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE A APARICIÓN DE CASOS COVID-19

Achégase a ADAPTACIÓN DA GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE A APARICIÓN DE CASOS DE COVID-19 EN CENTROS ECUCATIVOS A UN CONTEXTO DE ALTA CIRCULACIÓN DO VIRUS SARS-CoV-2.

O obxectivo deste documento é establecer unha priorización das actuacións ante a aparición de casos COVID-19 nos centros educativos, que sexan de aplicación mentres a situación epidemiolóxica se manteña no escenario actual de alta circulación viral.

Este documento está aprobado pola Ponencia de Alertas y Planes de Preparación y Respuestas e pola Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial do 8 de xaneiro de 2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut