Skip to Content

Localización

Onde estamos?

Atopámonos en Foz, unha pequena vila costeira da Mariña Lucense, e o noso centro está orientado ó noroeste da vila.

O centro está situado no barrio do Arnado, nunha veiga denominada "Veiga da Cadra", adicada fundamentalmente a pastos e a cultivo agrícola. A superficie da finca é duns 13.000 m2, dos que 3.737,60 m2 pertencen á superficie construida. O lugar onde se ubica o colexio era coñecido polo "Cantel"; de aí o seu nome.

A Veiga da Cadra limita ó Norte co Mar Cantábrico, ó leste coa Rúa Corporacións Municipais, ó oeste co Barrio de Marzán e ó sur coa estrada Ribadeo-Viveiro, que é a entrada á vila de Foz. Xusto ó noso lado, está situado o novo centro de saúde. E por suposto, tamén estamos en Google Maps!!!                

Distribuir contido


by Dr. Radut