Skip to Content

Onde estamos

Atopámonos en Foz, unha pequena vila da Mariña Lucense e o noso colexio está orientado ó Noroeste da vila.

 O Centro está situado no barrio do Arnado, nunha veiga denominada "Veiga da Cadra", dedicada fundamentalmente a pastos e a cultivo agrícola. A superficie da finca é duns 13.000 m2, dos que 3.737,60 m2 pertencen á superficie construida. O lugar onde se ubica o colexio era coñecido polo "Cantel"; de aí o seu nome.

A Veiga da Cadra limita ó Norte co Mar Cantábrico, ó Leste coa Rúa Corporacións Municipais, ó Oeste co Barrio de Marzán e ó Sur coa estrada Ribadeo-Viveiro, que dá entrada á vila de Foz.
Xusto ó noso lado, está situado o novo Centro de Saúde.
        



page | by Dr. Radut