Skip to Content

Blog da biblioteca

Semana do Libro

Durante a Semana do Libro (do 17 ao 21 de abril de 2023) dende a Biblioteca tivemos varias actividades:

CREACONTOS: Actividade onde escribimos historias con dados xigantes e que logo os máis pequenos titularon. As nosas creacións están xa colgadas nas ventás da Biblioteca:

 

CULTURA POR SOLIDARIEDADE: Na que os voluntarios de 5º e 6º de Educación Primaria intercambiaron libros por produtos para o banco de alimentos de Foz e para a Protectora de Animais. 

Queremos agradecervos a gran colaboración que tivemos por parte de toda a comunidade educativa.

GRAZAS de todo corazón!!!

CULTURA POR SOLIDARIDADE

A vindeira semana é a semana do libro e dende o voluntariado da nosa biblioteca imos levar a cabo un intercambio de produtos para o banco de alimentos e para a protectora de animias por un libro.

Anímate a participar!

Recomendacións das voluntarias e voluntarios da biblioteca para o 20 de novembro: o Día Universal da Infancia

Xa temos colocadas as recomendacións para o Día Universal da Infancia grazas aos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Educación Primaria que colaboran coa biblioteca.

A historia de Leli

Recomendacións de títulos para celebrar o SAMAÍN

Distribuir contido


by Dr. Radut