Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Achégase a relación de libros de texto para o vindeiro curso académico.

Os cursos de 5º e 6º de Primaria non empregan libros de texto (Proxecto E-Dixgal)

LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2020/2021

Publicadas no taboleiro de anuncios, dentro do edificio escolar, as listaxes definitivas das persoas admitidas e excluídas no proceso de admisión.

Prazo de formalización de matrícula do 1 ao 10 de xullo de 2020.

Documentación a presentar:

- Impreso matrícula cuberto (Anexo III)

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

- Certificado médico

- Fotocopia da cartilla de vacinas

- Opción sobre a primeira lingua estranxeira e o ensino da relixión

- Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a

- 2 fotos tamaño carné

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Estimadas familias,

infórmase a toda a comunidade educativa que está aberto o prazo de ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS dende o 1 ao 20 de marzo ambos inclusive.

Documentación a presentar:

- Impreso de solicitude debidamente cuberto (pódese recoller no centro).

- Fotocopia do DNI do alumno/a solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

- Fotocopia do Libro de familia.

- Certificado de empadroamento.

Podedes ampliar información na páxina da consellería, no Portal das familias e en Admisión de alumnado.

Un saúdo

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS CURSO 2019/2020

Infórmase a toda a comunidade educativa que está aberto o prazo de ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS dende o 1 ao 20 de marzo

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 18-19

Informámosvos de que xa podedes solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para o Curso 2018/2019. O prazo remata o 22 de Xuño.

Adxuntamos as instrucións e o impreso para cubrir a solicitude. Para velos premer en adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut