Skip to Content

Voz Natura

Limpeza da praia de Llas 2024

Un ano máis, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, realizou a saída á praia de Llas, situada a 10 minutos camiñando do noso centro, co obxectivo de efectuar a recollida de lixo, principalmente plástico. Atopamos aparellos de pesca, diversos residuos, e sobre todo, aprendemos a relevancia de coidar do nosos areais!

Día Mundial do Medio Ambiente 2023

Onte, luns 5 de xuño, foi o Día Mundial do Medio Ambiente, polo que colgamos o mural coas nosas pegadas ecolóxicas.

Na parte esquerda colocamos as pegadas que fixemos no mes de decembro e na parte dereita as que fixemos neste mes de xuño.

Como se pode observar as pegadas no mes de xuño teñen máis cor verde despois de toda a concienciación que fixemos durante estes meses.

Limpeza da praia de Llas 2022

Durante o curso escolar 21-22 xunto as actividades habituais do Equipo de Voz Natura (plantación, coidado das árbores e plantas do colexio, recollida de tapóns...) levamos a cabo outra actividade de coidado do medio ambiente: recollida, pesado, clasificación e exposición de PLÁSTICO recollido na praia de Llas.

Os niveis de 3º e 4º de  Primaria fixeron tres saídas á praia para recoller este residuo. O resultado foi moi positivo porque todo o alumnado do centro puido comprobar a acción nociva do plástico nos mares e praias e a súa repercusión nos seres vivos.

Os alumnos de sexto foron os encargados de explicar coa axuda de carteis o impacto do plástico no medio mariño. Aproveitamos a experiencia para facer un resumo explicativo e con fotografías no xornal escolar. Continuaremos nos vindeiros cursos con esta actividade para seguir sensibilizando á comunidade educativa.

 

PARA RECICLAR BEN NO COLECTOR AMARELO!

No arquivo adxunto tedes información daquelas dúbidas que nos xurden habitualmente á hora da reciclaxe de plásticos: que obxectos poden ir no colector amarelo e donde depositar certos obxectos que son de plástico pero que non deben de ir neste colector.

Moitas grazas a todas e todos por colaborar en manter o máis limpo posible o noso planeta.

Distribuir contido


by Dr. Radut