slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Teléfonos do Centro

Teléfonos do Centro

Secretaría: 982 870 314                     Orientador: 982 870 317

Dirección: 982 870 315                      Cociña: 982 870 318

 FAX: 982 870 319

GAÑADORES DO XLIV CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DE BEGONTE.

   Un ano máis temos gañadores no Certame de Debuxo Infantil sobre o Nadal de Begonte no noso Centro. E,nesta ocasión, nada máis e nada menos que tres.

   En 4º curso o primeiro premio da categoría A é para Gael Álvarez Río e o segundo para Selena Teijeiro Vázquez.  En 6º curso o primeiro premio da categoría B é para Irene Fernández Martínez.

   A entrega de premios será no Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán de Begonte o sábado 25 de xaneiro ás 5 do serán.

        PARABÉNS AOS GAÑADORES!

ESPAZO COEDUCATIVO NO CANTEL!!

Durante o Nadal decidimos darlle unha nova imaxe ao patio cuberto do colexio e aproveitamos para facelo realidade!!

Esperamos que o alumnado disfrute moito do novo espazo coeducativo!! A xogar!!

 

TAPÓNS SOLIDARIOS

Como xa sabedes, dende fai un días o noso cole converteuse en punto de recollida de tapóns para causas solidarias.

      

Agradecemos a vosa colaboración, pero recordade que non todo vale, só os obxectos que vos enviamos na lista. Na seguinte foto podedes ver o que recollemos. Moitas grazas!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer