Skip to Content

Libros texto curso 2023-2024

Decrecer feliz: O Cantel ecosocial

RECOLLER LIXO DA PRAIA: fomos á praia limpar de plástico e microplásticos.

CONCIENCIACIÓN: os maiores realizan unha presentación para os máis pequenos onde explican as consecuencias dos desperdicios que eles mesmos atoparon na praia. Logo son os pequenos os que van a praia limpala e ao chegar ao centro coas súas titoras falan sobre o recollido.

O LIXO LUXO ARTÍSTICO: o grupo de 6ºEP está creando en grupo unha escultura a partir de material de refugallo que previamente recollimos na praia.

 

 

 

Adxuntamos a presentación do alumnado de 6º de EP.

 

 

Día Mundial do Medio Ambiente

Onte, luns 5 de xuño foi o Día Mundial do Medio Ambiente, polo que colgamos o mural coas nosas pegadas ecolóxicas.

Na parte esquerda colocamos as pegadas que fixemos no mes de decembro e na parte dereita as que fixemos neste mes de xuño.

Como se pode observar as pegadas no mes de xuño teñen máis cor verde despois de toda a concienciación que fixemos durante estes meses.

Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" 2022/2023

Estamos moi contentas de poder comunicar a toda a comunidade educativa que fomos un dos cinco centros seleccionados, aos que nos concederon o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".

Por acadar este recoñecemento recibiremos unha asignación específica, así como o diploma acreditativo.

 

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR -CURSO 2023/2024

Distribuir contido


by Dr. Radut