Skip to Content

Magosto 2023

Ollade na seguinte ligazón que ben o pasamos no Magosto!

Magosto 2023

Samaín 2023

Na seguinte ligazón podedes ollar como desfrutamos coa decoración deste Samaín!

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

Samaín 2023

Información xeral - Curso escolar 23/24

CURTAMETRAXES PROGRAMA NÓS TAMÉN CREAMOS 2023

Nas seguintes ligazóns podedes ollar as curtas de animación feitas na escola e publicadas na CRTVG!

Nós tamén creamos 2023

Rumores no bosque: feito pola cativada de educación infantil e as súas mestras.

Tonino: feito pola cativada de 2ºB, 4º de primaria e as súas mestras.

Agardamos que desfrutedes con elas!

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024 - VALES MATERIAL ESCOLAR

Achégase modelo de autodeclaración do comedor para o curso 23-24. Poderase presentar na secretaría do centro en horario de 10 a 14h ata o 14 de xullo e a partir do 1 de setembro.

 

Anúnciase tamén a apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 23/24.

 

Xa están dispoñibles os vales das axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de primaria e de material escolar para a etapa de primaria. As persoas solicitantes poden pasar polo centro a recollelos en horario de 10 a 14h ata o 14 de xullo.

 

A partir do 18 de xullo poderán contactar ou concertar cita no 982870315.

Distribuir contido


by Dr. Radut