Skip to Content

ELECCIÓNS REPRESENTANTES NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS DO CONSELLO ESCOLAR

Plan Proxecta+, CPinnova e CPinclúe no Cantel 2022/2023

Publicadas as resolucións definitivas podemos comunicar á comunidade educativa os proxectos e programas presentados que nos foron concedidos, para este curso académico 2022/2023.

Participaremos no Plan Proxecta+ cos seguintes programas:

  • Donas de si

  • Escola Verde

  • MeteoEscolas

  • Nós tamén creamos!

Na resolución de Contratos Programa CPinnova foinos concedida a modalidade solicitada:

  • EDUsaúde: O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables

E nos Contratos Programa CPinclúe fomos seleccionados nas seguintes modalidades:

  • EMOCIÓNA-T
  • IGUÁLA-T

Unha serie de programas e proxectos que sen dúbida fomentarán o traballo colaborativo, interdisciplinar e competencial do alumnado.

PRAZO ADMISIÓN CANDIDATURAS MEMBROS CONSELLO ESCOLAR

O prazo de admisión de candidaturas será do 3 ao 11 de novembro.

Presentación candidatura

Recomendacións de títulos para celebrar o SAMAÍN

Xornadas formativas do Plan Director

Para este curso 22/23 a escola solicitou o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, dirixido á rapazada de 5º e 6º de primaria. Dentro da solicitude de intervención mostramos especial interese na formación en canto ás seguintes temáticas:

- Novas Tecnoloxías: riscos de Internet.
- Violencia de xénero: Igualdade.
- Acoso escolar e ciberacoso.

Hoxe comezamos coa primeira destas formacións: Novas Tecnoloxías: riscos de Internet, a cargo do experto Ramón Peña, axente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut