Skip to Content

Plan Proxecta+, CPinnova e CPinclúe no Cantel 2022/2023

Publicadas as resolucións definitivas podemos comunicar á comunidade educativa os proxectos e programas presentados que nos foron concedidos, para este curso académico 2022/2023.

Participaremos no Plan Proxecta+ cos seguintes programas:

  • Donas de si

  • Escola Verde

  • MeteoEscolas

  • Nós tamén creamos!

Na resolución de Contratos Programa CPinnova foinos concedida a modalidade solicitada:

  • EDUsaúde: O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables

E nos Contratos Programa CPinclúe fomos seleccionados nas seguintes modalidades:

  • EMOCIÓNA-T
  • IGUÁLA-T

Unha serie de programas e proxectos que sen dúbida fomentarán o traballo colaborativo, interdisciplinar e competencial do alumnado.



story | by Dr. Radut