Skip to Content

Actividades

Obradoiro sobre Educación Emocional e Sexual na Familia

O xoves 16 de febreiro o Centro Quérote + impartirá na nosa escola o Obradoiro Redes Familiares: Educación Emocional e Sexual na Familia, ás 16:00 no Salón de Actos.

Haberá unha sesión paralela de conciliación para a xente pequena.

Reserva de prazas no enderezo: afaceipcantel@gmail.com.

DA IGUALDADE Á CORRESPONSABILIDADE

Esta semana realizaremos un ciclo de coloquios-debate sobre a corresponsabilidade. Serán sesións impartidas por docentes expertos e cunha traxectoria profesional recoñecida e valorada. Levaranse a cabo na Cervexería augas Santas cun horario de 12 a 13:30 e distribuiranse da seguinte maneira:

Martes 6 de decembro: Corresponsabilidade e Igualdade no Fogar. Ramón Torrente.

Xoves 8 de decembro: A crianza a microscopio senti/mental. Aixa Permuy.

Sábado 10 de decembro: Deixar de ser un machote. Jorge García Marín.

Paralelamente haberá sesións de entretemento para a xente pequena a cargo de Anacos de Lecer.

Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade no desenvolvmento do Plan Corresponsables.

Distribuir contido


by Dr. Radut