Skip to Content

ASEMBLEA XERAL

 

Convocamos a todas as persoas/familias socias e socios da Asociación de Familias do CEIP o Cantel á Asemblea Xeral que se celebrará este xoves 29 de setembro ás 17:00 no Salón de Actos da escola coa seguinte orde do día:
 
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Informe económico.
- Presentación de candidaturas á xunta directiva da AFA.
- Votación e aprobación - se procede- da dita xunta directiva.
- Presentación da nova xunta directiva.
- Rogos e preguntas. 
 
Para a validez da votación precísase a asistencia das 3/4 partes da asociación.
Rogamos e agradecemos o voso esforzo para asistir. 
 
INCENTIVOS: 
  • Tendes unha clase gratuíta de Ioga en familia para facer coa vosa xente pequena, no mesmo Salón de Actos, de 16:00 a 16:40 (imprescindible apuntarse en afaceipcantel@gmail.com).
  • Tendes un servizo de conciliación: durante a celebración desta asemblea contaremos cunha monitora de tempo libre que se ocupará de atender e entreter a xente pequena que acuda coa súa familia ao acto. 
Contamos convosco este xoves!
 
Un saúdo,
AFA CEIP O Cantel


page | by Dr. Radut