Skip to Content

Plan de adaptación á situación Covid 19 no CEIP O Cantel - Curso 21/22

Comunicado de centro

Estimadas familias,

trala situación que estamos a vivir queremos aclarar diversos aspectos:

As datas que aparecen nos comunicados Abalar de inicio e fin correspóndese unicamente co período no que estará dispoñible a mensaxe na aplicación para a súa lectura.

O primeiro caso positivo que aparece nun centro non significa que sexa a persoa que contaxia ao resto, simplemente é o primeiro caso detectado que axuda a establecer un patrón para atallar posibles contaxios. É importante que nas familias e a nivel social se traballe o tratamento que reciben as persoas contaxiadas, xa que estar afectado polo virus non debe ser motivo de discriminación e de rexeitamento social, senón de comprensión e empatía.

Dende que se detectou o primeiro positivo o noso esforzo centrouse en subministrar todos os datos do alumnado e do persoal do centro a Sanidade á maior brevidade posible para tratar de trazar contactos estreitos, atallar posibles contaxios e colaborar con todo o que a Xefatura Territorial de Sanidade establecía puntualmente.

Con respecto ao uso da máscara en menores de 6 anos, sabendo que a normativa non obriga ao seu uso ata esa idade seguimos a insistir na recomendación da mesma. Sabemos que a máscara é un dos elementos máis preventivos da Covid.

O centro non establece cuarentenas, non pecha aulas nin as abre, non determina cando debe voltar o alumnado ao colexio, nin ten potestade para declarar o peche do centro. É a Central de Seguimento de Contactos (CSC) quen determina as altas do alumnado cuarentenado. A medida que o alumnado vai recibindo a alta pode voltar á aula. Cando a Central de Seguimento determina que toda a aula debe permanecer en cuarentena non significa que todo o alumnado vai a rematar a cuarentena o mesmo día. Cada familia debe actuar en función do que lle van determinando dende Sanidade. O colexio non conta cos datos de cando remata cada alumno/a a súa cuarentena. Por iso é importante que cada familia comunique á súa titora a data de alta do seu fillo/a.

Cada vez que no centro aparece un caso positivo séguense en todo momento as instrucións da Autoridade Sanitaria e a CSC encárgase da vixilancia evolutiva das persoas identificadas como contactos. É a CSC quen vos chama e vos facilita toda a información das indicacións de illamento, probas PCR e de como proceder en cada caso.

Toda a comunidade educativa debe comprender que nunca se vai a proporcionar dende o centro a información dos datos persoais do alumnado afectado pola Covid. Cando se vos comunica que o voso fillo/a foi rexistrado como contacto estreito e preguntades quen é a persoa positiva non se vos responde esa cuestión. Non se trata de desinformación, trátase de manter a obriga que ten o centro de segredo profesional sobre os datos dos que ten coñecemento, da protección de datos e do cumprimento co protocolo establecido.

Con respecto á dúbida xerada sobre o desdobre feito o curso pasado no alumnado de 3 anos é convinte aclarar que dito desdobre se fixo contando única e exclusivamente co profesorado co que conta o centro, sen ningunha dotación extra de profesorado e sabendo que as restantes aulas de infantil quedaban sen o apoio que lles pertencía. Esta decisión foi tomada atendendo á prioridade do benestar dun grupo moi numeroso de 3 anos ante a situación que se presentaba o curso pasado. Non se pode continuar con ese desdobre interno sumando esforzos soamente por parte do centro e prexudicando a outras aulas de infantil que teñen o mesmo dereito a ter garantizado a mestra de apoio que lles pertence e a mesma calidade educativa. Cabe salientar que por catálogo de profesorado a este centro non lle corresponde máis incremento de mestres.

A nosa prioridade é a seguridade do noso alumnado e de todo o persoal que traballa no centro educativo, somos os máis interesados en que haxa un ambiente seguro e en tratar de atallar e paliar a situación que nos tocou vivir e de seguir traballando e colaborando coa Xefatura Territorial de Sanidade e de Educación polo benestar de toda a comunidade educativa.

Facemos un chamamento á responsabilidade, a seguir extremando todas as precaucións, a non acudir ao centro ante calquera tipo de sintomatoloxía compatible coa Covid e a seguir todas as indicacións que dende a Autoridade Sanitaria determinan, co fin de seguir evitando a propagación e pola seguridade de toda a comunidade educativa.

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2021/2022

Benvid@s ao novo curso escolar 2021/2022. No seguinte documento recóllense os aspectos xerais de funcionamento e organización do centro.

Lembramos a importancia da puntualidade nas entradas e saídas para evitar aglomeracións e as medidas de prevención (máscara, distancia física e uso de xel hidroalcohólico)

Organización do centro - Liñas xerais

Bo comezo de curso!

Resolución do 1 de setembro de 2021

VALES DAS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 21/22

Xa están dispoñibles os vales das axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de primaria e de material escolar. As persoas solicitantes poden pasar polo centro a recoller os vales ata o 12 de xullo.

En caso de dúbida, chamar ao centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut