Skip to Content

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022

Publícase a relación de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2021/2022.

 

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022

Achégase modelo de autodeclaración do comedor para o curso 21-22. Presentarase no centro ata o 12 de xullo de 2021.

Anúnciase tamén a apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 21-22.

O prazo para presentar solicitudes como colaboradores de comedor permanecerá aberto inicialmente ata o 8 de setembro pero prégase que se anoten o antes posible para poder organizar o servizo antes.

VIII Certame de debuxo da Tradescola

Comprácenos comunicarvos que unha alumna do noso centro foi seleccionada polo xurado de Tradescola como finalista do VIII Certame de debuxo no que participaron os cursos de 1º, 2º e 3º de primaria aos que ía dirixido. Trala participación de máis de 200 dibuxos presentados polos centros de ensino da provincia de Lugo resultou finalmente ser a gañadora do certame!

Moitos parabéns a Leire Seivane Rey!

LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS

Premendo na seguinte ligazón Letras Galegas no CEIP O Cantel poderedes ver o traballo levado a cabo!!

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO 2021/2022

 Publicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021/22.

 

 Destinatarios:

 - Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP.

 - Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

 - Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educ. Primaria

 O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL, 5º e 6º EP) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 

 Prazo presentación: ata o 22 de xuño.

 - No centro: Presentación dos modelos correspondentes ao Anexo I e II debidamente asinados, xunto coa documentación necesaria (copia libro de familia)

 - Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (A solicitude será única para todos os fillos)

Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 dividido entre o número de membros computables. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut