Blog de biblioteca

MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA

Hoxe chegou ó noso cole unha das MALETAS VIAXEIRAS que a Asesoría de Bibliotecas Escolares pon a disposición dos Centros Educativos.

 

O contido desta maleta vai estar un mes na biblioteca do cole, pódese disfrutar destes cómics/ manga e banda deseñada/ album ilustrado na hora do recreo ou na hora de biblioteca asignada para cada aula.

 

A MALETA que nós temos é a de BANDA DESEÑADA, PRIMARIA E ( se premedes no nome poderedes ver os libros que a compoñen)

 

Os libros son para ED. Infantil e Primaria

Fixemos dúas clasificacións dos mesmos:

-Para ED. Infantil e 1º e 2º de primaria ( Album ilustrado, Super Pataca, etc etc) con maiúsculas ou menos texto

-E os que teñen máis texto, ou complexidade temática, ou profundidade, ou manga para 3º , 4º 5º e 6º.

 

Agardamos que o noso alumnado disfrute coa lectura... Os máis pequenos xa deron boa conta das novidades na biblioteca...

        

 

        

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

Este venres foi Sandra quen nos contou un conto moi especial... "Por cuatro esquinitas de nada"  .

 

Pero non so contou o conto dun xeito espectacular que algúns nin "pestanexaron", senon que ademais fixo unha versión do mesmo a tamaño grande con diversos materiais para que o conto fose moito máis visual, acompañado da súa sensibilidade e emoción á hora de contalo.

Ó rematar, e despois de darlle unha aperta ó "seu cadradiño" particular díxonos que nos agasallaba a súa versión do conto. 

Moitísimas grazas a Sandra por vir, compartir con nós as súas dotes para a interpretación e ademais deixarnos un agasallo tan fermoso.

 

 

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dende o equipo de biblioteca queremos agradecervos a participación no Concurso de Postais de Nadal por parte do alumnado e das súas familias.

As postais foron enviadas a diversas entidades pertencentes ao Concello de Boborás: concello, centro de saúde, centro de maiores, a centros escolares cos que temos relación, ...

Ademais o xurado seleccionou catro postais gañadoras (unha por cada categoría), foi unha deliberación moi difícil, xa que a calidade das postais era moi boa.

Coas postais gañadoras confeccionamos unha única postal para compartir na páxina web do colexio e enviar por correo electrónico, que deixamos aquí tamén.

MATÍAS (EDUCACIÓN INFANTIL)

IRIA (1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

VALENTINA (4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

EMMA (6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Algunhas recomendacións lectoras de cara ó Nadal.

BOA LECTURA!!!!   

 

             Aquí vos quedan as recomendacións en formato PDF por se as queredes ver con máis calma:

RECOMENDACIÓNS

 

 BOA LECTURA!!! 

 

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

Desta volta foi a profe Cruz, titora de 1º a que nos contoiu un conto este venres.

Pola proximidade do Nadal, e seguindo co calendario de Advento que está facendo o alumnado de ED. Infantil o conto elexido foi : "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

Este conto da editorial Kalandraka foi ilustrado por Kiko Dasilva e escrito por Chema Heras é todo un clásico dos contos de Nadal, e ademais a profe Cruz contouno taaaaan ben que quedaron todos e todas embelesados.

Se premedes na imaxe poderedes ver unha entrevista ó autor e ilustrador 9 anos despois de publicar o libro.

 

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento: 

 

XUVE E O NADAL: NEVADIÑOS DE NADAL

Este mércores Xuve, deixounos unha encarga moi especial, que nos encantou , facer galletas de Nadal!!!!
 
Na biblioteca deixou colocado o libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo" estratéxicamente para que puidesemos ver a receita que iamos preparar...
 
O primeiro que fixemos foi lavar as mans, e despois fomos ó comedor do colexio para poder cociñar unha encarga taaaan saborosa.
 
Temos que agradecer a Carmen, a nosa cociñeira que foi a que "fornou" as nosas creacións.
 
Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso.
 
Hai que dicir que na receita orixinal incorporaban viño, que nós cambiamos por "zume de mazá" pero os resultados foron espectaculares!!!!

 

 
 

XUVE E O NADAL: QUIVER

Durante este mes XUVE foinos deixando encargas, agasallos e actividades para facer , dende o calendario de Advento.
Pediunos axuda para decorar o colexio, para visibilizar o día da discapacidade, deixounos panxoliñas, tamén un Kamishibai sobre o Apalpador e moitas cousas máis.
 
A semana pasada deixounos unha encomenda moi especial.
 
No chan da biblioteca apareceron un montón de debuxos relacionados co NADAL, tiñan que pintalos, e despois sucedería a maxia...
 
Utilizando unha APP chamada QUIVER puidemos ver como eses debuxos saían do papel ante os seus ollos... encantoulles!!!
 
Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotografías das súas creaccións.

 

NOA NO ESPELLO CON SABELA GAGO

O martes 10 de decembro visitounos Sabela Gago coa contada interactiva sobre a igualdade de xénero NOA NO ESPELLO.

A obra conta as historias de tres personaxes, quenes defenden a idea de que "facer o que un quere e o que a un lle gusta é o mellor para sentirse feliz". Con esta representación búscase ensinar aos pequenos como enfrentarse á crítica e como se pode chegar a vencela".

Sabela Gago utiliza a escenografía, a música e a interacción para manter esperta a atención do alumnado.

 

 

XUVE QUERE DECORAR O COLEXIO

Hoxe o alumnado de ED. INFANTIL tivo unha sorpresa !!!!

Xuve, a mascota da biblioteca do noso colexio deixounos unha mensaxe no ordenador da biblioteca do cole!!! Pediunos axuda!!!!!

 

E tamén nos deixou uns sobres, na entrada da biblio para que abramos un cada día...

o noso "Calendario de Advento"

 

Aquí tedes a mensaxe que nos deixou XUVE!!

 

INAUGURAMOS OS CONTACONTOS DAS FAMILIAS!!!!

Este venres inauguramos a "tempada" de "Contacontos" por parte das familias e membros da comunidade educativa.

 A encargada de contar o primeiro conto deste curso foi Carmen, a mellor cociñeira do mundo, a nosa cociñeira!!!!

 O conto que elexiu para compartir con nós foi "Moncho e a mancha" de Kiko Dasilva, editado por Kalandraka.

 Moitísimas grazas a Carmen por compartir con nós o seu tempo e contarnos este conto, que lles gustou moitísimo.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento!!!

 

 

Distribuir contido