Este venres foi Sandra quen nos contou un conto moi especial... "Por cuatro esquinitas de nada" .
Pero non so contou o conto dun xeito espectacular que algúns nin "pestanexaron", senon que ademais fixo unha versión do mesmo a tamaño grande con diversos materiais para que o conto fose moito máis visual, acompañado da súa sensibilidade e emoción á hora de contalo.
Ó rematar, e despois de darlle unha aperta ó "seu cadradiño" particular díxonos que nos agasallaba a súa versión do conto.
Moitísimas grazas a Sandra por vir, compartir con nós as súas dotes para a interpretación e ademais deixarnos un agasallo tan fermoso.