Skip to Content

Proxecto lector

Actividades

 Se premedes en proxecto anual de lectura podesdes descargar o proxecto completo para este curso.

Unha vez formulados os obxectivos a lograr, as actuacións que imos levar a cabo durante este curso e nos vindeiros, son e serán as seguintes:

 

Unha vez formulados os obxectivos a lograr, as actuacións que imos levar a cabo durante este curso e nos vindeiros, son e serán as seguintes:

LECTURA DIARIA NA AULA:

Tal e como vimos facendo ata agora, continuaremos coa lectura diaria nas aulas, tanto de libros propios dela (coa realización de actividades de comprensión lectora tanto en Educación Infantil como en Primaria) coma dos libros de texto. Un exemplo desta actividade podería ser a seguinte: un alumno-a lee en voz alta un texto dun libro mentres os demais compañeiros seguen a lectura, procedendo a súa posterior explicación tanto por parte do alumnado como do mestre-a que os atende nese momento.

Este tipo de actividade axúdalle a recoñecer as ideas principias dos texto e a saber relacionar a distinta información que conteñen.

No horario escolar figurará un tempo destinado á lectura.

HORA DE LER

Dado o éxito e boa acollida por parte do alumnado e profesorado do centro desta actividade, continuaremos a realizala os luns mércores e venres. Todo o centro estará al er ao mesmo tempo, ben na biblioteca o una aula lecturas elixidas polos propios lectores e nunca de carácter obrigatorio, aínda que sis e lles pode orientar na elección dos fondos.

LECTURA NA BIBLIOTECA:

Como xa se ven facendo nos últimos anos, o alumnado pode acudir   a dito espazo nas horas de recreo para realizar lecturas de calquera tipo de texto, habituando os alumnos/as ás normas básicas que é necesario cumprir cando acudimos a unha delas, ven sexa á escolar, á municipal, á provincial ou a calquera outra.

Do tempo semanal dedicado á lectura, sería interesante que cada titoría organizase lecturas na propia biblioteca para conciencialos da necesidade e as vantaxes que ten o uso dunha correcta lecto-escritura á hora de lograr os obxectivos e as competencias propostas para cada etapa educativa.

CLASES DOCENTES NA BIBLIOTECA:

Cada curso ten asignado dúas horas semanais no horario de biblioteca para poder desenvolver nela actividades de carácter curricular. A boa formación en educación documental do noso alumnado é un dos obxectivos a perseguir.

FICHAS RESUMO:

Tal e como xa se veu realizando no curso pasado o alumnado realiza unha ficha resumo de cada libro que lee. Nela debe constar o título, o autor, o número de páxinas que ten, o idioma no que está escrito e un pequeno resumo do libro. A finalidade é que ditas fichas queden gardadas  nunha caixa na biblioteca a que todos os nenos teñen acceso, para que dunha forma rápida e concisa os nenos que non o lerán saiban de que se trata e se animen a lelo. Tamén en cada ficha se porá unha valoración cualitativa para que quede constancia na escola cales son os libros máis lidos e os que máis gustaron.

Haberá un premio para aquel alumno/a que lea máis libros, e que o faga de forma correcta. Evidentemente o premio vai a ser un libro.

Outra actividade parecida a esta, consiste en facer un debuxo do libro que lemos, mediante o cal os outros nenos intenten adiviñar ou aproximarse  ao argumento do libro no que se basea o debuxo.

O que se pretende con estas actividades e animar aos nenos a ler e que non o vexan como algo imposto polos mestres/as, como unha obriga.

VISITAS A BIBLIOTECAS

Procuraremos visitar algunha biblioteca importante, como biblioteca   Municipal de Ourense, onde ademais de mostrarlle como é a biblioteca, o seu funcionamento, como están ordenados os libros, que é o que temos que facer para coller un libro en préstamo, ... se poden realizar contacontos coa axuda de animadoras. Unha vez  rematado o contacontos os alumnos/as poden realizar actividades plásticas (debuxos, murais...) sobre o mesmo.

CONTACONTOS

Foron varios os contacontos que acudiron o colexio durante o pasado curso. Algúns do propio concello, e outros pertencentes a editoriais das cales temos coleccións de contos no centro. Os temas tratados nos contacontos son temas vixentes na actualidade como o cambio climático e a violencia de xénero.

Procuraremos realizar varias sesións de contacontos ao longo do curso, polo menos unha por trimestre.

TEATRO

No centro realizamos pequenas obras de teatro para representar en días sinalados como é o festival de Nadal, o día das Letras Galegas, e na festa de fin de curso.

Tamén se acudiremos á representación dalgunha obra de teatro que se organice no auditorio do Carballiño ou de Ourense. Están pendentes de solicitar.

ELABORACIÓN DE TEXTOS

Co fin de darlle a coñecer aos nosos alumnos a maior información posible e coincidindo con celebracións e efermérides (Día das Letras Galegas, día da Paz, día do libro....) os alumnos realizan debuxos e murais que despois son expostos no colexio para darlles a coñecer a toda á comunidade educativa. Traballaremos unidades didácticas elaboradas para a ocasión polo equipo de mestres.

XORNAL ESCOLAR

Continuaremos a realizar o Xornal escolar, cando menos unha edición por curso, no que reflectiremos todas aquelas novas que consideremos de interese para a comunidade educativa.

OBRADOIRO DE ESCRITURA.

Na semana do día da poesía realizaremos un obradoiro concurso de poesía. Os mellores traballos serán recitados na biblioteca polos seus autores.

Na semana do día do libro realizaremos un obradoiro/concurso de contos e de comic. Os traballos serán expostos na biblioteca do centro.

CLUB DE LECTURA

Crearemos un club de lectura para o alumnado de terceiro ciclo. Tendrán como apoio a este Club de lectura o Blog Ler e escribir. Polo menos intentaremos ter unha sesión ao trimestre.

BLOG DE CLASE E DA BIBLIOTECA

Procuraremos participar de fora activa no blog de clase e da biblioteca con comentarios ou entradas referentes ás lecturas que nos gustan e que recomendamos aos nosos compañeiros.

OUTRAS POSIBLES ACTIVIDADES PARA REALIZAR

- Creación dunha biblioteca virtual.

- Visita a unha editorial para ver o proceso de elaboración dos libros.

- Facer un libro de contos entre todos e despois publicalo.

- ....

 

Obxectivos

Para fomentar a lectura e a escritura no noso centro propomos os seguintes obxectivos:

  • Achegar o libro ao alumnado posibilitándolle o descubrimento das riquezas que conteñen, creando situacións de necesidade de ler e escribir correctamente.
  • Potenciar os valores na lectura activa, propoñendo a intervención e o protagonismo do alumno-a, recreando, interpretando, modificando textos, comunicando experiencias, etc.
  • Provocar o interese polos libros en xeral, buscando sempre o dominio da lectura e da escritura.
  • Por a disposición do alumnado técnicas e recursos para traballar e utilizar calquera material bibliográfico, creando oportunidades para ler e escribir textos diversos.
  • Provocar o sorriso, o goce con e por a lectura, así como a reflexión crítica, creando situacións e ambientes nas clases e no centro que permitan a interacción entre os mestres e os lectores.
Distribuir contido


by Dr. Radut