Blog de biblioteca
O pasado 14 de maio o alumnado de ED. Infantil foi de "excursión" ó auditorio de Ourense para ver unha obra de monicreques titulada "GUYI GUYI" da compañía Periferia Teatro. A obra é unha versión adaptada do conto do mesmo título no que nos contaron a historia dun ovo... que resultou non ser o que parecía... A obra gustoulles moito, e ó final da representación, as integrantes da compañía saíron para que os nenos e nenas puidesen ver de preto ós protagonistas. Aquí vos queda o vídeo promocional da actuación
E unhas poucas fotos do evento |
|||
Para conmmemorar o Día do libro, convidamos ás familias que quixesen a vir contarnos un conto, para o alumnado de ED. Infantil durante a propia semana e tamén na posterior. Queremos das ás grazas ás persoas que se achegaron ó cole a compartir o seu tempo con nós. |
|||
Con motivo do día do libro no cole propuxéronse unha serie de actividades relacionadas co mesmo. Así tivemos o "troco de libros" e a semana pasada e esta contamos coas familias do noso alumnado que se están achegando ó centro para contarlle un conto ó alumnado de ED. Infantil. Outra das actividades propostas e de carácter voluntario foi a de que nos enviásedes unha fotografía "lendo en familia" , xa que a familia é un dos núcleos de aprendizaxe dos nenos/as e moitas veces unha fonte de conductas a imitar. A participación foi menor do que nos gustaría, pero para ser a primeira vez que se fai, temos que agradecer a todas as familias que participaron nesta proposta.
BOA LECTURA!! |
|||
En CCSS de 3° de Primaria fixemos un proxecto sobre o Antigo Exipto que finalizamos coa elaboración dunhas maquetas en grupos. O alumnado deste curso visitou a clase de 5° de Infantil, xa que fixeron un proxecto da mesma temática o curso pasado, para intercambiar información e aprender máis sobre o tema. |
|||
Hoxe celebramos a "IV Feira de troco de libros de Xuvencos" nesta semana da conmemoración do " Día Internacional do Libro". Sentimos unha satisfacción plena pola acollida e implicación que teñen este tipo de actividades por parte d@s nos@s alumn@s. Como dixo Joseph Addison " La lectura es a la mente lo que el ejercicio al cuerpo". |
|||
O pasado xoves visitounos Brais Moure, un contacontos que nos achegou á Galicia máxica de Antón Fraguas. Pincha na imaxe para ver máis. |
|||
|
|||
Dende Biblioxuvencos damos as grazas a tod@s @s participantes no concurso de postais para este Nadal 2018. A continuación podedes ver as fotos d@s premiad@s: |
|||
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- seguinte ›
- última »