Co remate do mes de Outubro chegou o noso centro unha celebración moi esperada, o Samaín.
Dende a Biblioteca do centro propuxemos unha actividade para os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, onde os nenos de 5º inventaron uns contos e historias cuia temática era as historias de medo e os alumnos de 6º fixeron as ilustracións dos devanditos contos. Logo narráronos na bilioteca para o resto dos alumnos de Infantil e Primaria.
Tamén se propuxo que cada aula do centro decorase a súa porta coa temática de Samaín.
Por estas actividades todos os participantes recibiron por aula un Diploma alusivo.
Tampouco podía faltar o tradicional Concurso de Cabazas e os nosos disfraces para a ocasión.
Dende a Biblioteca ofrecemos unhas recomendacións de lectura coa temática de Samaín.
Aquí tendes algunhas das imaxes máis representativas e o enlace con todas as fotos da actividade!
Contamos os nosos contos de medo (Alumnos de 5º e 6º Primaria)
Decoración de portas
Aula Infantil
Aula de 1º e 2º Primaria
Aula 3º e 4º de Primaria
Aula 5º Primaria
Aula 6º de Primaria
Biblioteca
Aula P.T e A.L.
Concurso de Cabazas
Recomendacións de lectura para Samaín