Actividades

SEMANA DO CARNAVAL

Como todos anos, para a semana do carnaval o colexio creou o seu disfrace. O disfrace estaba baseado na arte, xa que os nenos de primaria íamos  de cadros e os profesores e mais os nenos de infantil ían de pintores. Os disfraces estaban feitos polos propios alumnos ao que lle dedicamos moitas clases.

Tamén para a comparsa algúns membros da ANPA e os seus fillos contribuíron

na creación da carroza que ao final non gañou ningún premio. A pesar de iso todos pasámolo xenial.

Os cadros agora están expostos nas paredes  do colexio pero levarémolos pronto.  

 

 

 

 

MELISA E JUAN (6º DE PRIMARIA)

DÍA DA ILUSTRACIÓN

               Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura 2018 é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Como se vén facendo desde o ano pasado, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear un autor histórico galego. O protagonista de 2018 é Camilo Díaz Baliño.

                No cole quixémolo celebrar... para iso contamos ca axuda dun obradoiro a cargo de Dani Viétez e Iria Iglesias. (www.danieiria.com)

 

O NADAL POLO MUNDO

Dende o CEIP Plurilingüe Monte Baliño  e con motivo do Nadal animámonos a facer un percorrido polo mundo en busca das distintas celebracións do Nadal. Aquí vós deixamos unha mostra do atopado polos nenos e nenas en inglés, galego e castelán.

CONTACONTOS CARLOS CASARES

Dentro das actividades do Día das Letras Galegas, onte fumos ata o Centro Sociocultural a ver o contacontos de Soledad Felloza homenaxeando a Carlos Casares.

 

Mais fotos aquí

VISITA ESCORNABOTS

Esta última semana antes das vacacións tivemos unha visita na Biblioteca, dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober chegaron os escornabots

 

         

 

Pasámolo moi ben xogando e aprendendo con eles.

 

 TODAS AS FOTOS AQUÍ

 

Moitas grazas polo préstamo!!!!!

III CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DA XXXVII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

 

                   Participaron  escolares dos CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e os alumnos   do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.
    
       O Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, fixo entrega do premio á gañadora CANDELA ENRÍQUEZ BUJÁN, alumna de primeiro de primaria do CEIP Monte Baliño, que có seu debuxo nun adhesivo  promocionará a feira do viño deste ano.
 

CONCURSO ANDERSEN HOXE

Esta é a nosa participación no Concurso de debuxo Andersen hoxe. 

PRIMEIROS LECTORES

LECTORES AVANZADOS

 

 

Lola de Penelas

O pasado 8 de marzo fomos ata Monforte ao CIM a recoller os libros de Lola de Penelas para o cole, e o venres fixemos entega na Biblioteca dun exemplar a Daniela Rodríguez Domínguez, a autora do debuxo gañador co que participou o noso cole. 

 

A homenaxeada deste ano do IV Certame de divulgación mulleres de Lemos é Balbina López Somoza, farmacéutica de O Saviñao.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet