Actividades

O NOSO NADAL

 Dende a biblioteca do centro con motivo desta época tan sinalada, coma é o Nadal organizaronse unha serie de actividades para conmemorar estas fechas coa participación de todos os nenos e nenas do centro.

 Unha das actividades foi a realización un libro con moitas recompilacións sobre o Nadal, incluíndo panxoliñas, debuxos, receitas tipicas de comida e postres típicos de Nadal, cancións, contos.... Os nosos nenos e nenas son uns artistas!!!

 Outra das actividades foi a decoración dun marcapáxinas con motivos do Nadal e un mural coa temática do Nadal.

 

 

 

 NADAL NA BIBLIOTECA

Si facedes clik na imaxe veredes todo o traballo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XA CHEGOU O NADAL O NOSO COLE!!!

 Aquí tedes algunha mostra de todo o que fixemos!

 

O noso Belén 

 

Tamén nos acompaña Papá Noel

 

 

A nosa Árbore de Nadal

 

 

Na aula de PT támen teñen a súa Árbore de

Nadal

 

 

Y os nenos e nenas de 1º e 2º tamén...

 

Na Bilblioteca tamén fixemos unha Árbore moi especial!

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

  Con motivo do 25 DE Novembro, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO dende a Bibilioteca nas horas de actividades extraescolares propuxemos a elaboración e decoración duns carteis que máis tarde colgamos polos corredores do noso centro.

 Aquí tedes algúns deles!

 

 

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS - 20 DE NOVEMBRO

 Con motivo do 20 de Novembro, DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS, a Bbilblioteca seleccionou uns carteis con alusión a dita temática para facer en Infantil e en todas as aulas de Primaria, unha vez feitos expuxerónse o longo das escaleiras cara o primeiro piso.

 Tamén elaboruse un mural conxunto dende a Biblioteca nas horas de actividades extraescolares coa participación dos nenos e nenas do centro.

 Aquí tedes algúns dos traballos expostos e o enlace o álbum completo!

 

 

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN

 Co remate do mes de Outubro chegou o noso centro unha celebración moi esperada, o Samaín

 Dende a Biblioteca do centro propuxemos unha actividade para os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, onde os nenos de 5º inventaron uns contos e historias cuia temática era as historias de medo e os alumnos de 6º fixeron as ilustracións dos devanditos contos. Logo narráronos na bilioteca para o resto dos alumnos de Infantil e Primaria.

 Tamén se propuxo que cada aula do centro decorase a súa porta coa temática de Samaín.

 Por estas actividades todos os participantes recibiron por aula un Diploma alusivo.

 Tampouco podía faltar o tradicional Concurso de Cabazas e os nosos disfraces para a ocasión.

 Dende a Biblioteca ofrecemos unhas recomendacións de lectura coa temática de Samaín.

 Aquí tendes algunhas das imaxes máis representativas e o enlace con todas as fotos da actividade!

 Contamos os nosos contos de medo  (Alumnos de 5º e 6º Primaria)

 

 

 

Decoración de portas 



Aula Infantil

 

Aula de 1º e 2º Primaria

 

Aula 3º e 4º de Primaria

 

Aula 5º Primaria

 

Aula 6º de Primaria

 

Biblioteca 

 

Aula  P.T e A.L.

Concurso de Cabazas

Recomendacións de lectura para Samaín

24 OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

   Con motivo do 24 de Outubro, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, o equipo da biblioteca organizou unha series de actividades para conmemorar dito día coa participación de todos os nenos e nenas.

   Ahí as tedes, botádelles unha ollada!

 

  -Mural representativo coa temática da Biblioteca

  -Exposición libros antigos na Biblioteca

  -"Contos en Movemento" (4º, 5º e 6º Primaria)

Aquí vos deixamos o acceso directo o enlace coas fotos da actividade!

E tamén o enlace coas fotos da actividade Contos en Movemento!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un libro unha viaxe

    Dende a biblioteca acabamos de comezar unha viaxe fantástica a través dos libros.

    Gracias a esta actividade, poderemos viaxar por tres paises imaxinarios:Naturilandia, Cuentilandia e Fantasilandia.

    Boa viaxe a todos.

 

O outono nos libros

    O outono chegou ao noso cole e para celebralo fixemos unha nova actividade dende a biblioteca.

    Hai que buscar nos libros da biblioteca calquera referencia que se faga ao outono; esas frases cópianse nuns folios de cores e decóranse. Con todas as frases sobre o outono fixemos un mural que decorou durante un tempo as nosas paredes.

   Por participar cada neno recibiu un marca páxinas en forma de folla de outono.

 

 

     

Samaín

     O 30 de outubro, celebramos o Samaín.

    Dende a biblioteca organizamos unhas sesións de contos de medo, nas que os rapaces máis grandes contaban historias terroríficas para todos.

    O mestre de música, colleu a súa guitarra, e deleitounos cunhas cancións sobre pantasmas, cemiterios, ......  Que medo pasamos!!!!!!

 

Follas para a nosa árbore

     Durante todo o curso, na biblioteca temos unha árbore feita con papel contínuo, que tamén vai pasando polas diferentes estacións. Cando comezamos o curs, non tiña ningunha folla; pero pouco a pouco van crecendo follas de cores na nosa árbore. 

     Todos os rapaces do cole, despois de ler un libro, collen unha folla na que indican o título do libro e comentan si o libro foi do seu agrado ou non; dependendo de si lle gusta ou non o libro, a folla cambia de cor. Si o libro lle gustou a folla é de cor verde; si non lle gustou sería laranxa e se os deixou indiferentes amarela.

     Mirade o aspecto que ten xa a nosa árbore. No CEIP Monte Baliño os nosos nenos son uns grandes lectores.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet