Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Menú maio

Fondo Libros e Axuda a material (Primaria)

Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 3º E 4º de educación primaria.   

AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

 Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de todos os cursos de educación primaria.

DOCUMENTACIÓN

 - Solicitude de participación (Anexo I)

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

PRESENTACIÓN

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados nos seguintes enlaces:

- Na aplicación  da Consellería de Educación FONDOLIBROS 

- Na sede electrónica da Xunta de Galicia

Ou de forma presencial na DIRECCIÓN do centro, presentando os seguintes impresos. Se se queren en papel os anexos pedilos a través dos nenos/as.

Anexo I e II

NON ME DES A CHAPA

Non me des a chapa!, así denominamos unha actividade que enmarcamos á par do proxecto de Polos Creativos no que participa o Baliño. 
Empregando unha máquina de chapas e tirando man da creatividade do noso alumnado, realizamos dúas actividades ben chuliñas:

  • Chapas co logo do Monte Baliño, deseñado polo alumnado de 5º e 6º para vender na feira e recaudar diñeiro para a súa excursión.
  • Chapas Día das Letras Galegas 17 maio: deseño individual libre con pequenas consignas (palabra ou debuxo relacionado con algo da temática de Galicia)

Temos uns pedazo de artistas... nós xa o sabiamos, pero vós podedes comprobalo.

Grazas a todos!

MARMELADAS POLO DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celébrase o DÍA DA FAMILIA, e no Baliño facendo honra a pequena GRAN familia que somos, preparamos uns agasallos cheos de amor para as familias d@s nos@s rapaces/as: unhas saudables marmeladas de KIWI! E por suposto feitas cos kiwis recollidos no Baliño.

Relacionamos esta actividade con varios proxectos nos que participamos: Voz Natura (reciclados de botes de cristal e refugallo de revistas antigas para decorar o agasallo), Nutriescolas (elaboración de marmeladas) e o Pdi " Coñecendo a nosa provincia:Lucus Augusti" que parte da biblioteca (seleccionando froita que se da na nosa contorna). As etiquetas foron elaboradas polo alumnado de 5º de primaria empregando o programa Canva, no que deseñan habitualmente diferentes propostas de Biblioteca creativa.

Agardamos que vos guste e endoce moitos momentos en familia xuntos! 
Grazas por todo o que nos dades!

Achegamos as RECEITAS porque sabemos que vos van encantar:

INGREDIENTES:

  1. CON AZUCRE
  • 1 KG de kiwis lixeiramente maduros.
  • 500 grs de azucre (blanco/moreno). (nós empregamos so 25o grs)
  • 1 limón exprimido ou en metades a cocer.
  • 45 minutos de coción máis ou menos
  1. SEN AZUCRE
  • Engadimos unha culler de agave 
  • 2 mazás Fuji con pel

ELABORACIÓN:

-Ferver 10 minutos ou esterilizar no microondas 3 minutos a máxima potencia, mediados de agua.

-As tapas tamén hai que fervelas durante 10 minutos. Non empregar oxidadas nin dobradas.

-Para gardar sumerxir os botes cheos tapados nunha pota con auga cubríndoos ben.

-Cociñar durante 40 minutos.

-Ao enfriar poñémolos boca abaixo e comprobamos que non perden líquido polas tapas.

 

 

Matrícula 24-25

 

 Autoría realizada  alumnos de 6º:

Alexandra              Lila                        Tomás

 Autoría realizada  alumnos de 6º:

Martina              Alexander

Alumnado que xa está no centro e vai a continuar.

(non ten que presentar nada)

A variación de curso, ciclo ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro, sen prexuízo do establecido para os centros docentes adscritos.

 

Alumnado de Infantil que entra no colexio.

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. 

SEDE ELECTRÓNICA

Na secretaría do centro:         SOLICITUDE                                SOLICITUD

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

Normativa relacionada

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Distribuir contido


by Dr. Radut