Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes
Estamos de volta!
Enviado por goretti o Dom, 11/20/2022 - 20:13
Ola ola!
Estamos de volta e queremos ensinárvos algo do que levamos traballado este tempo.
Chegou o outono e na aula das nubes puxémonos mans á obra, fixemos unhas follas con xices ben chulas.
Tamén comezamos traballando con acuarelas as cores do outono, para poder facer unhas árbores.
Recordades que o pasado curso o papá de Erea veu contarnos cousiñas sobre o mundos das abellas? Pois agora Erea e o seu papá fixeron a recolecta e mandáronnos a proba! Mmmmmm
Tamén Marcos unha finde fixo unhas galletas e trouxo a proba. Estaban deliciosas!
Traballamos moito este último curso de infantil facendo: series, formando palabras, aprendendo como soa unha letra con outra,...
Mirade!
Chegou o Samaín e fixemos unhas actividades relacionadas con el, viñemos disfrazados, comemos bica, chocolate e castañas, unha compi fíxonos un photocall chulísimo e viñemos disfrazados. Foi un festón!
Ata pronto!
Fotos do primeiro trimestre
Enviado por Anónimo o Dom, 11/13/2022 - 17:11Ola, ola!!!
Iniciamos un novo curso na aula dos Elefantes.
Aquí estamos todos e todas.
Pouco a pouco, case sen darnos conta, chegou o outono e fixemos algúns traballiños
O día 28 chegamos á clase todos disfrazados para celebrar o Samaín e o magosto.
Pasámolo xenial!!
Benvidas e benvidos ao blogue da Aula dos Peixiños
Enviado por Anónimo o Sáb, 11/12/2022 - 12:18Benvidas familias dos Peixiños!
Damos comezo a este novo espazo, a través do cal abriremos as portas da nosa aula para que podades coñecer un pouquiño máis do que vamos facendo cada día.
Setembro foi un mes de moitas novidades: coñecer aos novos compañeiros e compañeiras, ás mestras e mestres, ir adquirindo as rutinas e normas da aula, gañar autonomía e confianza co noso segundo fogar. Estivo cheo de emocións, descubrimentos e alegría.
En outubro descubrimos novos espazos do cole facendo excursións coas profes para coñecer o ximnasio e o pavillón dos maiores, a nova e marabillosa biblio do cole, as aulas dos Elefantes, Planetas e Nubes. Agora amosámosvos algunha foto das nosas “mini-excursións”:
Neste mes tamén tivemos festividades importantes como foi o Samaín xunto co Magosto. Fixemos actividades terroríficas para traballar a motricidade fina, a experimentación baleirando as nosas cabazas e finalmente, a gran festa de disfraces no cole.
Finalmente, a nosa foto na gran Festa do Samaín.
Esperamos que vos gustara, e seguide atentos, haberá máis e mellor.
Un saúdo enorme
XA ESTAMOS DE VOLTA!
Enviado por isa o Mér, 11/02/2022 - 19:30Ola familias!
Estamos xa de volta por aquí para contarvos algunhas cousas que foron pasando na Aula dos Planetas.
Comezamos setembro, traballando o DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO, unha proposta artística que se debe a Peter H. Reynolds, autor do conto do mesmo título "EL PUNTO". Dita celebración nace co obxetivo de animar ás persoas de todas as idades a aproveitar a súa creatividade, e nos, non íamos a ser menos.
Aquí tedes un resumo das nosas obras artísticas dedicadas a este conto.
Chegou o outono, e decoramos a nosa aula cunha manualidade moi bonita, que fixemos coa axuda de garfos.. quedounos xenial, verdade?
Un día cando chegamos á nosa aula, había unha caixa misteriosa, na que encontramos unha fotografía dunha muller, moitos gomets de círculos de diferentes cores e un nome que poñía Yayoi Kusama. Como nos sabíamos quen era, pedimos axuda as familias, e descubrimos moitas cousas, que estamos a recoller nun libro, e grazas a esa información convertémonos en auténticos Yayoi Kusamas, e empezamos a recrear diferentes obras desta pintora.
En outubro, chegou a gran festa do Samaín, e como xa é habitual desfrutamos dunha festa terrorífica onde poidemos xogar en direfentes rincóns como; mesa de luz, mesa sensorial, búsqueda da palabra secreta, zona de luces, zona de arte , etc. Como era de esperar, pasámolo en grande.
E para rematar a festa sacamos fotos nun photocall que fixo unha familia da aula de 5 años, que era precioso.
Como vedes pasaron moitas cousas na nosa aula, e seguirán pasando, así que pronto nos veremos de novo por aquí.
Ata aquela, un saúdo enorme.
NOVIDADES
Enviado por goretti o Mér, 06/15/2022 - 20:00Ola!
Rematamos o proxecto sobre o corpo e aínda nos quedaban unhas fotos por ensinar.
Fai uns días tivemos a visita dunhas rapazas e duns rapaces que están estudando o Ciclo de Educación Infantil e preparáronnos uns xogos e talleres ben divertidos.
Tamén tivemos a visita do papá de Erea que veu a contarnos un pouco sobre o marabilloso mundo das abellas. Disfrutámolo moito.
Ata pronto!
COÑECEMOS AS ABELLAS
Enviado por isa o Lun, 05/30/2022 - 17:29O PASADO VENRES DISFRUTAMOS DA VISITA DUN PAPÁ DA CLASE DE 4 ANOS, QUE NOS VEU CONTAR COUSAS MOI INTERESANTES ACERCA DAS ABELLAS E DO IMPORTANTE PAPEL QUE DESEMPEÑAN NO NOSO ECOSISTEMA.
A VERDADE E QUE PASAMOS UN RATO MOI DIVERTIDO, E NAS SEGUINTES IMAXES PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO DA VISTA.
AULA DOS PLANETAS E DOS ELEFANTES
AS CORES DO MUNDO
Enviado por Teresa o Dom, 05/22/2022 - 22:32O día 9 de maio saimos a dar un paseiño por Monforte.
Saimos do colexio , pegadiños ao rio Cabe no paseo do Malecón, chegamos a praza de España e ali tomamos a nosa merenda , para despois ir a Casa da Cultura para ver unha obra de teatro dunhas nenas do colexio.
PRIMAVERA
Enviado por Teresa o Dom, 05/22/2022 - 22:18O día 21 de marzo comenzou a PRIMAVERA, aqui tedes algunas das actividades que fixemos.
Traballamos as emocións, despois dunha charla coa psicologa Alicia
As nenas de sexto de primaria, contannos contos na aula.
Tivemos un teatro moi rico ... SAAAABOR !!!!
UN DÍA DIFERENTE!!!
Enviado por isa o Lun, 05/09/2022 - 18:11OLA FAMILIAS!
HOXE DESRUTAMOS DUN DÍA DIFERENTE...FOMOS DE RUTA POR MONFORTE, MERENDAMOS NA PRAZA DE ESPAÑA E GOZAMOS DUNHA OBRA DE TEATRO CREADA POR COMPAÑEIROS DO NOSO COLEXIO, QUE FALABA DAS DIFERENTES CORES.. E TEMOS QUE DECIR QUE O FIXERON DE MARABILLA!!
AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DO BEN QUE O PASAMOS!
VÉMONOS PRONTO!!
AULAS DOS PLANETAS E DOS ELEFANTES