NOVO HORARIO BIBLIOTECA- EXTRAESCOLARES 2021-2022
Nova proposta de funcionamento da actividade da biblioteca, de 15 a 16 h., co gallo de ofrecerlles unha oferta máis ampla no uso da mesma, aínda que coas restricións necesarias para evitar contaxios (debemos lembrar que o noso alumnado aínda está sen vacinar contra a Covid-19).
A norma será a mesma que a das actividades extraescolares ofertadas pola ANPA, grupos de biblioteca estables e cun aforo limitado.
Para utilizar dito servizo, totalmente gratuíto, deberán enviar por mail (ceip.monforte@edu.xunta.gal) ou entregar na secretaría do centro, o impreso que xuntamos debidamente cuberto.
As condicións que rexerán o acceso á biblioteca serán as seguintes:
1.- Cada día da semana utilizará o servizo 1 único grupo estable , segundo o criterio establecido na 1ª folla.
2. Aforo máximo de 16 alumnos/as por día.
3. Cada grupo considerarase un grupo burbulla.
5. A recollida de dito alumnado farase pola porta principal.
6. A inscrición farase por rigoroso orde de recepción das solicitudes ata completar o aforo.
7. O servizo comezará a funcionar o vindeiro luns, 4 de outubro. Publicaremos a lista de admitidos á maior brevidade posible, comunicándolle aos solicitantes se foron ou non admitidos por abalar móbil