1º RELI (SEMANA 18-19 FEBREIRO): COMEZA A CUARESMA

Este mércores, día 17 de febreiro, foi o mércores de cinza, día no que comeza a Coresma.

Esta é Dona Coresma moi amiga de Don Carnal, o rei do Carnaval.

Algúns artistas comezaron a representar a  Dona Coresma como unha dona con sete pernas, unha perna por cada unha das semanas que dura o seu mandato.

Dona Coresma quería moito aos nenos e contáballes historias de Xesús. Ensinaba aos nenos que Xesús estivo 40 días no deserto e que agora, durante os 40 días que dura a Coresma, Xesús recórdanos a todos os nenos e nenas que temos que intentar ser mellores, axudar máis a mamá e papá, tratar moi ben aos demais...   

Pois vamos intentar seguir as propostas que Dona Coresma fai para cada semana en cada unha das súas pernas e chegar ao final da Coresma con 7 pernas fortes e áxiles.

 

 

O alumnado que está na casa non é necesario que imprima a imaxe de Dona Coresma abonda con escribir cada unha das propostas semanais e facer un debuxo de Dona Coresma.

E para rematar a semana unha canción (https://www.youtube.com/watch?v=ndYRVAMQodc), canción que tamén recordaremos as próximas semanas.

Feliz Semana a todos e boa saúde.

Sol