O OUTONO VAI CHEGANDO AO SEU FIN...

Levamos un tempo traballando esta estación do ano e queremos ensinárvos algo do que fixemos.

Como no outono chove moito, fixemos unhas nubes con algodón e pintura azul e puxémoslle unhas pingas de auga. Gustounos moito, porque o fixemos coas mans e enchelas de témpera chíflanos!

 

Fomos coñecendo diferentes froitos do outono: castañas, noces, mazás, landras,... e puidemos tocalos, facer xogos con eles e incluso os probamos.  Como somos uns artistas collemos imaxes de diferentes froitos, témperas das cores do outono e esponxas, e mirade que cousa mais chula fixemos!

 

Tamén temos a clase chea de follas e ramas de diferentes árbores: castiñeiros, carballos, abeleiras,... Algunhas están verdes, outras amarelas, vermellas e marróns. Con elas fixemos algunha cousiña como rachalas e pegar anacos na inicial do noso nome ou uns animaliños do outono.

 

 

Falando de animais... un día pola mañá tivemos unha gran sorpresa! Chegamos á aula e había unha caixa cuns buratiños, a cal a mestra abriu cando entramos todos. Dentro dela había cinco caracois!! Estivemos tocándolles e mirando o rastro que deixaban por onde pasaban coas súas babas. Decidimos que se quedarían uns días con nós e que os tiñamos que coidar, por iso no patio moitos buscábamos herbiñas para que comesen. A mestra Elvira tamén lles daba leitugas e gustábanlles moito! Logo decidimos levalos ao xardín, xa que alí estarían mais contentos.


 

E sabedes que temos na aula? A comidiña que come o Polo Pepe, MILLO. Temos unhas mazorcas de millo e aprendemos a quitar eses grans de millo da mazorca. Descubrimos que segundo o lugar onde vivas se lle chama de diferente forma, uns din degrañar e outros debullar. 

             

 

Mirade si o fixemos ben que decidimos aproveitar os grans para traballar a inicial do noso nome!

                 

  

Para seguir traballando o nome decorámolo con selos de animais de outono (esquíos, ratiños, marmotas,...), logo collemos unhas esponxas con forma de círculo e decoramos coas cores do outono. 

 

                              

 

                              

 

                           

 

                                                                 

 

Estas son algunhas das cancións que cantamos durante a asamblea:

                              

 

Hoxe, para rematar co outono lemos este conto e gustounos moito!