COMUNICACIÓN NA SITUACIÓN DE ALERTA SANITARIA
Estimadas familias:
Debido á situación de alarma sanitaria na que nos atopamos, a organización e os medios para a atención do alumnado de 5º e comunicación coas familias será a seguinte:
Aproveitando que somos centro EDIXGAL, a comunicación farase a través de dita plataforma de forma xeneralizada para todas as materias.
Detallado por materias:
*Ciencias sociais, ciencias naturais, matemáticas, lingua galega, lengua castellana, inglés, relixión/valores: Centrarémonos en actividades de repaso de conceptos aprendidos durante o curso; fomentando desta forma, na medida do posible, o mantemento da rutina e do hábito de estudo.
*Música: Aínda que na disciplina de música, neste curso, a carga curricular centrase máis na interpretación musical (frauta doce e percusión) de xeito presencial e en grupo; aproveitaremos a plataforma EDIXGAL, para propor actividades musicais adaptadas ao seu nivel que sirvan de repaso ao que facemos na aula. Non se esquecerá o aspecto lúdico en toda actividade ou tarefa que se cargue dentro da plataforma.
*Educación física: A comunicación realizarase esencialmente a través dos blogs: blog de centro (https://ceipdemonforte.blogspot.com/) ; no que se están a colgar vídeos de coreografías sinxelas, retos realizados polo alumnado e do blog de educación física (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/taxonomy/term/138) no que atoparán recomendacións máis xerais. Tamén utilizarán a plataforma Edixgal para algunha tarefa.
*Plástica: Centrarémonos en actividades lúdicas e entretidas, sobre todo a través de manualidades con material que se atope de forma habitual nos fogares.
Ademais da plataforma e-dixgal; o equipo docente de 5º habilitamos un mail para posibles comunicacións coas familias ou alumnado en caso de necesidade:
profes5colexionovo@hotmail.com
A realización das tarefas non será avaliable neste 2º trimestre, aínda que si que é recomendables realizalas. Desta forma, pese a distancia, o noso alumnado manterá o hábito e a rutina de estudo e esforzo.
O alumnado que queira a corrección das tarefas, poderá facelo de dúas formas:
· Respondendo á tarefa pola propia plataforma EDIXGAL.
· Enviando un correo ao mail anterior.
Un saúdo
Alba e Neri