Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Novembro 29, 2022

 

Obradoiro para alumnado e familias nas que dun xeito práctico Damian amosou técnicas para contar e ler: modular a voz, xestos, dramatización...

Un obradoiro moi útil e participativo.

 

Xoves Decembro 01, 2022

 Sabela Gago, volve a nosa biblioteca.

Nesta ocasión para realizar un obradorio sobre lectura para familias e nenos.

Realiza dúas sesións: unha para familias con nenos de infantil, 1º e 2º de primaria e outra para familias con nenos de 3º, 4º, 5º e 6º.

Aporta técnicas de narración e dramatización para ccontar contos lidos e/ou inventados, así como aqueles que recibimos a través transmisión oral ao longo dos anos.

 

Remata o obradorio coa redación dun conto colectivo entre todos os participantes.

 

 

 

Martes Decembro 20, 2022

Con Carla Muñoz rematamos os obradoiros formativos e dinamizadores organizados desde o Programa de Lectura e Familias.

Obradoiro organizado en dúas partes diferenciadas:

-na primeira dirixida as familias, ponse de manifesto a importancia da lectura na familia, apórtanse dinámicas e recursos de lectura: escoller axeitadamente as lecturas segundo a idade, técnicas para contar, presentación e contacto físico cunha ampla variedade de libros de diferente temática, xénero literario, etc.

-na segunda parte, familias e nenos comparten con Carla un conto.

  

Como en todos os obradoiros, rematamos cunha merenda saudable 

Clausuramos estes obradoiros formativos e dinamizadores de Lectura e Familias 2022 agasallando a cada familia cunha marioneta de dedo

 

e coa incorporación de novos fondos para familias.

 

Que a lectura en familia non deixe de medrar.

Bo Nadal!

 

Distribuir contido