Skip to Content

Consellería

Distribuir contido
Actualizado: hace 14 horas 29 min

Proposta de concesión de axudas da convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do SUG que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2018/2019

Ven, 19/10/2018 - 14:15
Idioma Gallego

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data 17 de outubro de 2018, elevar á conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional a seguinte proposta de concesión de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema univesitario de Galicia  que participa en programas de mobilidades con países extracomunitarios no curso 2018/2019.

Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a correspondente orde de resolución.

Anuncio principal: Convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2018/2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes UniversitariosColectivo: Alumnado
Categorías: Novas

Resolución provisional de centros docentes admitidos para participar no programa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2018/2019

Ven, 19/10/2018 - 12:47
Idioma Gallego

Achégase a resolución provisional de centros docentes admitidos no programa "Introdución á robótica educativa en primaria".

  • Ábrese un prazo de de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución neste portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, pode adiantar as posibles reclamacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo roboticaprimaria@edu.xunta.es, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

Anuncio principal: Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2018/2019Tema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación EducativaColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletínInnovación
Categorías: Novas

Instrución 4/2018 sobre o prazo de envío da documentación das estadías das persoas seleccionadas na 2ª Resolución das axudas predoutorais de 2018

Ven, 19/10/2018 - 09:00
Idioma Gallego

Xúntanse a Instrución 4/2018 sobre o prazo de envío da documentación das estadías das persoas seleccionadas na 2ª Resolución das axudas predoutorais de 2018 así como a Resolución do 16 de outubro de 2018, que ten previsto a súa publicación no DOG do 25 de outubro.

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2018Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Novas

Bolsas para mocidade do exterior FP. Listaxes provisionais de solicitudes. Convocatoria 2018/2019

Xov, 18/10/2018 - 18:00
Idioma Gallego Con data do 6 de agosto de 2018 publicouse a Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (ED333A). Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e examinadas estas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e/ou que precisan emendar documentación e de solicitudes excluídas e os motivos de exclusión.. Tema: BolsasEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Orientación Profesional e Relación con EmpresasColectivo: AlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas

Carmen Pomar destaca o novo Grao en Paisaxe como aposta de futuro

Xov, 18/10/2018 - 15:47
Summary: A conselleira de Educación pechou na Coruña a 1ª Xornada sobre a paisaxe, desenvolvida na Escola Técnica Superior de ArquitecturaTrátase dunha titulación pioneira en España e a primeira de carácter interuniversitario en Galicia, na que participan as universidades da Coruña e de Santiago Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou hoxe na Coruña o novo Grao Interuniversitario en Paisaxe como “forte aposta de futuro” que vén cubrir unha carencia que o sistema universitario público español tiña en relación ao europeo e ao doutros países desenvolvidos. Trátase ademais da primeira titulación interuniversitaria de Galicia, na que participan as universidades da Coruña e de Santiago.

No peche da 1ª Xornada sobre a paisaxe. Unha visión sobre a nova educación en Paisaxe en España, desenvolvida hoxe na Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), Pomar insistiu no carácter pioneiro do grao en Paisaxe, que xa está dando os seus primeiros pasos na ETSAC e na Escola Politécnica Superior de Lugo. Aprovéitanse así as sinerxías de dous centros con probadas capacidades docentes e investigadoras, un deles especializado en arquitectura e o outro en enxeñaría agroforestal.

O obxectivo é adiantarse ao futuro, con formación nunha profesión cun gran potencial de demanda no mercado laboral. A nova titulación permitirá dispoñer de expertos altamente cualificados para o deseño, restauración, xestión e mantemento de espazos abertos, o planeamento paisaxístico ou os estudos sobre clima, flora e augas, entre outros aspectos que fan deste “un grao cunha proxección de futuro indiscutible e que é xa unha realidade en Europa”, afirmou a conselleira.

Cómpre sinalar que o de Paisaxe é xunto con Biotecnoloxía, Criminoloxía, Xestión Industrial da Moda e Enxeñaría Biomédica, un dos cinco graos que se estrean este curso no Sistema Universitario de Galicia (SUG), froito do acordo pioneiro entre as tres universidades e a Xunta para establecer un mapa de titulacións. A través desta folla de ruta estableceuse unha planificación a medio prazo da oferta académica que permitirá, entre outras melloras introducir ata 2021 un total de 14 novos graos adaptados á especialización dos campus e a perfís profesionais de futuro con alta empregabilidade.

Compromiso coa paisaxe

Ademais, a creación deste grao responde ao compromiso da Xunta coa paisaxe como recurso económico e social que se debe estender tamén á educación. Así, o departamento que dirixe Carmen Pomar puxo xa en marcha diversas accións de formación e sensibilización entre os máis novos a prol do coñecemento, o respecto e o coidado pola paisaxe.

Nesta liña de acción figuran a materia específica Paisaxe e sustentabilidade para primeiro e segundo da ESO, o apoio ao proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, coa elaboración da unidade didáctica PAGUS. Galicia, un país de paisaxes, ou a colaboración coa Consellería de Medio Ambiente no Plan Proxecta. 

Estratexia de Paisaxe Galega 2017-2020

No acto de apertura da 1ª Xornada sobre a paisaxe participou a directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, quen destacou que a planificación da Estratexia de Paisaxe Galega 2017-2020 está moi avanzada, co inicio e posta en marcha de nove medidas ou iniciativas para dar resposta aos catro obxectivos fundamentais: a gobernanza da paisaxe, ferramentas específicas de xestión, potenciación dos valores e formación e divulgación. Nese sentido, o apoio ao Grao interuniversitario de paisaxe -fundamental para formar profesionais na materia que poidan trasladar á realidade e á sociedade a necesidade de establecer unha xestión paisaxística- é unha das medidas para cumprir o obxectivo de formación e divulgación da devandita Estratexia.

Recordou que a Xunta iniciou a tramitación do Regulamento da Lei de protección da paisaxe de Galicia e dous estudos piloto que servirán de base para a futura elaboración de plans de acción da paisaxe. Tamén se asinou un protocolo coa FEGAMP para a promoción e divulgación dos primeiros pactos pola paisaxe -nos que xa se traballa- e tamén se creou o Consello Asesor da Paisaxe de Galicia.

En relación coas ferramentas de xestión, destacou o traballo de elaboración de tres guías de boas prácticas de integración paisaxística; mentres que no eido da potenciación dos valores paisaxísticos presentouse a Rede de itinerarios de interese paisaxístico de Galicia

XornadasUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnado
Categorías: Novas

Corte de servizo no correo electrónico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Mér, 17/10/2018 - 12:05
Idioma Gallego

Coa finalidade de realizar tarefas de mantemento no correo educativo, o xoves 18 de outubro ás 22:15h e por un tempo estimado de 2 horas non estará operativo o acceso ao correo mediante correo web e IMAP. Poderanse producir retardos na entrega de mensaxes durante a intervención, pero non se producirán perdas de mensaxes.

Os equipos da Xerencia de Proxectos de Educación e da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) son conscientes de que este corte xerará trastornos polo que agradecen de antemán a súa comprensión e colaboración.

Tema: Información xeralAlertas e avisos
Categorías: Novas

Borrador da convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2018 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes

Mér, 17/10/2018 - 09:58
Idioma Gallego

A Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou o artigo 134.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluíndo entre os requisitos para poder participar no concurso de méritos para a selección de directores e directoras de centros públicos "estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva".

Esta formación está regulada no Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en base ó cal se realiza este curso que acreditará para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Ofértanse 150 prazas para toda a Comunidade Autónoma, aínda que se poderán ampliar de existir máis demanda entre o profesorado que cumple os requisitos para exercer a dirección de centros no vindeiro curso académico.

Provincia

Prazas

A Coruña

50

Lugo

25

Ourense

25

Pontevedra

50

Total

150

Poderá solicitalo todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas pola Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación: o persoal funcionario de carreira terá prioridade na selección.

A inscrición e xestión realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, e o prazo para facelo será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia.

O curso terá unha duración de 150 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2), contando tamén con sesións presenciais que se realizarán de xeito centralizado. A súa temporalización está prevista para os meses de novembro a marzo do vindeiro ano.

Constará de sete módulos, que será preciso superar para obter a certificación, nos que se abordarán os seguintes bloques temáticos:

  • Módulo I (troncal). Marco normativo aplicable aos centros docentes.

  • Módulo II (troncal). Organización e xestión de centros docentes.

  • Módulo III (troncal). Xestión dos recursos do centro docente.

  • Módulo IV (troncal). Factores clave para unha dirección eficaz.

  • Módulo V (troncal). Rendición de contas e calidade educativa.

  • Módulo VI (específico). Módulo específico de Galicia.

  • Módulo VII (troncal). Proxecto de dirección.

Quen estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao Proxecto de dirección, e non computará a efectos das prazas ofertadas.

As persoas que xa teñan a habilitación ou acreditación, ou ocuparan o posto de dirección nos cinco anos seguintes á entrada en vigor da Lei 8/2013, de 9 de decembro, poderán facer o curso de actualización das competencias directivas, que se convocará nos vindeiros meses, para poder participar nos procedementos selectivos de direccións de centros públicos, e que terá unhas características similares pero cunha duración de 75 horas lectivas.

File:  Borrador da convocatoria ( Próxima publicación no DOG)Tema: FormaciónDirectores/asEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018/2019 do corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional

Mar, 16/10/2018 - 16:13
Idioma GallegoAnuncio principal: Regulación do acceso e das condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias

Xúntanse as Resolucións do 16 de outubro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018-2019 correspondentes ao corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

  • As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Non se admitirán as alegacións formuladas mediante o correo electrónico.
Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas

Habilitacións profesionais e carnés profesionais. Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, datas das probas e material permitido. Convocatoria extraordinaria 2018

Lun, 15/10/2018 - 15:38
Idioma Gallego

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria 2018 de probas de carnés e habilitacións profesionais, así como as datas de celebración das probas e o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba.

Tema: Información xeralEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas

Listaxes coas puntuacións definitivas de todos as persoas solicitantes admitidas e relación provisional de persoas excluídas correspondentes ao período extraordinario das prazas de residencia nos CRDs da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2018/2019

Lun, 15/10/2018 - 15:30
Idioma Gallego

Resolución do 15 de outubro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por ode descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas, e de ser o caso, a relación de suplentes, correspondentes ao período extraordinario, de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 24 de maio de 2017 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2018/19 (DOG 109, do 8 de xuño de 2018).

  • Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (remata o 15 de novembro de 2018) e deberá dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.
Anuncio principal: Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/2019Tema: BolsasEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Subdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: AlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas

Carmen Pomar aposta pola formación en valores dos docentes a prol da calidade do sistema educativo

Lun, 15/10/2018 - 13:39
Summary: A conselleira de Educación participou hoxe na Xornada de Coordinación da Rede de Formación Permanente do ProfesoradoA Consellería ultima a formación para a acreditación da función directiva, que será obrigatoria a partir do próximo cursoUn total de 21.000 mestres participaron o pasado curso nas 3.100 actividades desenvolvidas ao abeiro do Plan de formación anual Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Xornada de Coordinación da Rede de Formación Permanente do Profesorado, onde salientou que para avanzar nunha educación de excelencia, ademais dos coñecementos e habilidades, hai que traballar nas emocións e nos valores.

“O verdadeiro valor diferencial co que temos que contar é o talento”, subliñou a conselleira ante os membros da Rede, conformada polos especialistas en formación do profesorado dos servizos centrais da Consellería, os do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e os dos Centros de Formación e Recursos (CFR) da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, que hoxe participan no encontro celebrado na Escola Galega de Administración Pública.

Carmen Pomar agradeceu o desempeño profesional e o compromiso dos asesores docentes por formarse co fin de adaptarse ás novas demandas dunha sociedade tecnolóxica e globalizada. “Todo o que se faga por mellorar a formación dos docentes repercute de xeito directo no alumnado e, en consecuencia, convértese nun beneficio para o conxunto da sociedade”, explicou a titular de Educación.

Novidades formativas

Así mesmo explicou que unha das novidades formativas para este ano é a posta en marcha, de xeito inminente, da formación necesaria para obter a acreditación para a función directiva, que será obrigatoria a partir do próximo curso 2019/20 para quen opten a asumir a dirección dun centro.

O obxectivo da xornada é poñer en común os pormenores dos programas educativos desenvolvidos desde a Xunta de Galicia (as estratexias Edulingüe e Edudixital, os Contratos-programa, as Escolas de Nais e Pais...) e da formación específica dos docentes que vai asociada aos mesmos.

Ademais, abordarase o novo plan específico en Formación en Igualdade (ata o de agora concibido como un módulo), que supón a oferta de máis de 3.000 prazas en accións formativas que suman máis de 1.000 horas. Este plan, xa en marcha, alíñase coas novas materias de libre configuración autonómica que se ofertan para o vindeiro curso como Coeducación para o século XXI e Sociedade Inclusiva, así como o reforzo das Escolas de Nais e Pais (Enapas).

Así mesmo ao longo do día debaterase sobre as formas para mellorar a formación dos docentes e, en xeral, os servizos prestados. Non en balde a Rede de Formación Permanente do Profesorado conta coa certificación de calidade en base á Norma UNE-EN ISO 9001:2008, o que supón que a eficacia do sistema de xestión da formación dos docentes da Consellería de Educación está recoñecida por un organismo externo con criterios de valoración obxectivos como é AENOR.

Plan anual de formación do profesorado

A Rede de Formación Permanente do Profesorado é a responsable de implantar as accións que conforman o Plan Anual de Formación do Profesorado. No curso 2017/18 realizáronse ao abeiro do mesmo un total de 3.100 actividades formativas (un 11% máis que no anterior curso) e alcanzáronse os 21.000 profesores formados, con 75.800 horas de formación (un 17% máis).

Ao igual ca nos anos anteriores, en torno ao 60% desta formación levouse a cabo nos propios centros escolares e, por temática, a liña máis demandada é a formación en Igualdade, convivencia e inclusión (multiplicouse por catro o número de docentes formados, acadando os11.500), seguida da formación en Educación dixital, TIC, Stem e E-Dixgal (coa participación de case 6.400 docentes), a Formación Profesional e a Formación en Idiomas.

FormaciónXornadasEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do ProfesoradoProfesorado
Categorías: Novas

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004)

Mér, 10/10/2018 - 13:14
Idioma Gallego

Resolución do 10 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004).

  •  O prazo para formular solicitudes é o comprendido entre o 11/10/2018 e o 18/10/2018 
File:  Resolución do 10 de outubro de 2018 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas

Resolución provisional da convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos

Mér, 10/10/2018 - 10:21
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos

Resolución provisional do 3 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educacción, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve o premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles para realizar reclamacións ou renuncias
Tema: Premios autonómicosEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaBacharelatoDepartamento: Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación EducativaColectivo: AlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletínInnovación
Categorías: Novas

Carmen Pomar salienta o talento e o liderado como valores diferenciais

Lun, 08/10/2018 - 16:55
Idioma GallegoSummary: A conselleira participou hoxe en Vigo no encontro Educación e empresa, organizado polo Círculo de Empresarios de GaliciaInsistiu na relevancia do sistema educativo na preparación de nenas e nenos para vivir en sociedade

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe en Vigo no encontro Educación e empresa organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia. Na súa intervención, Pomar salientou o talento e o liderado como valores diferenciais e insistiu na relevancia do sistema educativo para a súa consecución. "A educación é clave" e nela "a excelencia debe ser sempre o obxectivo", coa atención á diferenza como requisito básico, afirmou.

Carmen Pomar definiuse como unha "firme defensora" de que son "as persoas as que marcan a diferenza" e sinalou a educación como "a mellor ferramenta" para descubrir as fortalezas a prol da sociedade. Para a conselleira, "non é posible educar sen educar nas emocións e en valores" e insistiu en que cómpre preparar os nenos e nenas para convivir, nun contorno no que as economías competitivas se basean na ciencia e na tecnoloxía.

Sistema xusto e integrador

Así, destacou o carácter "xusto e integrador" do sistema educativo galego, ademais da súa vinculación ás necesidades da poboación e dos sectores produtivos". Nesta liña, Carmen Pomar referiuse aos constantes avances na adaptación á demanda empresarial tanto na Formación Profesional coma no ensino universitario.

"Hoxe a FP galega é un referente en todo o Estado", afirmou, ao tratarse dunha "ensinanza moderna, dinámica, innovadora, adaptada á realidade socio-económica, fonte de emprendemento e porta aberta ao emprego".

Formación en sectores estratéxicos

A conselleira sinalou a FP Dual como exemplo do esforzo que se está a facer nesta modalidade de ensino orientada á empregabilidade. Desenvolvida co apoio de máis de 200 empresas, a FP Dual consegue a inserción laboral estable de nove de cada dez alumnos en sectores estratéxicos para a economía galega, como a automoción, as novas tecnoloxías, o turismo ou a pesca, entre outros.

Para a conselleira, en Vigo a Formación Profesional "xoga un papel fundamental como catalizadora das demandas do tecido socioprodutivo local, líder na economía galega". Ante esta realidade, a Xunta expresou o seu compromiso a través do proxecto pioneiro Campus FP de Vigo. O que será o primeiro campus especializado en Formación Profesional do Estado permitirá formar capital humano altamente cualificado á vez que fortalecerá o emprendemento.

Ademais, cómpre sinalar que a Consellería ten en marcha diversos programas orientados a estimular o espírito emprendedor entre o alumnado non universitario no marco do programa Eduemprende, no que colaboran diferentes asociacións empresariais, como o Círculo de Empresarios de Galicia.

Adiantándose ao futuro

A titular de Educación abordou tamén a importancia do ensino universitario na consecución dunha economía de alto valor engadido. "Xa se está a traballar no futuro", afirmou, ao referirse ao Proxecto de elaboración de Galicia 2030: perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias.

Trátase dun documento impulsado pola Consellería que permitirá dispoñer dun Catálogo de profesións de futuro e unha proposta de novas titulacións e especialidades adaptadas a el antes de 2020. A Fundación Empresa-Universidade Galega elaborará o proxecto por encarga da Consellería.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalEntidades autonómicas
Categorías: Novas


by Dr. Radut