Skip to Content

Participación

RADIO ESCOLAR

Consellería ven de facer público o listado de centros seleccionados para participar no Proxecto: Radio Escolar.

E aí estamos! 
 

Somos 20 centros de toda Galicia e, formar parte dese grupo é algo que nos satisface moito polas fiestras que se nos abren. Procuraremos, co traballo diario, estar á altura.

Nós tamén creamos

Esta vez, un grupo de mestras animámosnos a facer de directoras e productoras de curtas de animación en galego. Todo se desenvolverá dentro do proxecto NÓS TAMÉN CREAMOS. Serán os alumnos e alumnas os encargados dos guións, decorados e voces. Seguro que pronto poderemos velo na TVG2. O que si é seguro, é que pronto os poderedes ver nos nosos blogues.

Ponte a contar

Co bo sabor de boca que nos deixou a recolla de lendas de Malpica no curso 2009/2010, comezamos un novo proxecto:

VI Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa

Os alumnos de 4 e 5 anos mais os de 2º e 3º ciclo, indagarán nos contos populares que percorreron a nosa vila noutro tempo. É hora de que estas novas xeracións se fagan portavoces destas historias adaptándoas aos novos tempos. Esperemos que a experiencia sexa gratificante para todos!

Certame 2012 "Deseña unha xoia para a túa nai"

Debido a gran aceptación en pasadas edicións entre os mestres, mestras e alumnado, este ano, os grupos de Primaria voltamos a participar neste interesante e creativo concurso.

Esperamos que algunha nai luza ca chegada do Maio a xoia mais fermosa: a deseñada con agarimo polo seu neno, a deseñada con amor pola súa nena!

De todos xeitos, FELICIDADES a todas as mamás por selo!

BASES DA CONVOCATORIA

28 Concurso Escolar ONCE

                     28 CONCURSO ESCOLAR ONCE               

Como xa vimos facendo durante os pasados cursos, participaremos no Concurso Escolar ONCE co obxectivo de coñecer un pouco as discapacidades e as súas implicacións. Hai dous anos xa detectamos moitas barreiras arquitectónicas e reflexionamos sobre elas. Ao longo deste curso os alumnos e alumnas de 3º,4º, 5º A e  6º intentaremos facer do noso barrio, un barrio accesible.

Fruta, un botín sabroso

 

Fruta un botín sabroso

‘Fruta un botín sabroso’ é un programa ideado especialmente para alumnos de idades comprendidas entre os 8 e 12 años de idade. 
O obxectivo: mostrarlles de xeito lúdico e didáctico as ventaxes do consumo de froita e da dieta sa e equilibrada.

Ao longo do curso 2011/2012 participaremos os grupos de 3º, 4º, 5º A e 6º.

Distribuir contido


by Dr. Radut