Skip to Content

Novas 2018/2019

Todas as novas para o curso 2018/2019

Prazo de admisión curso 2020/21

NOVIDADE PRAZO DE ADMISIÓN

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Nos seguintes documentos adxuntos poderán descargar as instrucións e o formulario de admisión.

Se queren vir ver o colexio, estamos de Xornada de Portas Abertas o 27 e 28 de Febreiro de 10:00 a 13:00.

DIA DO LIBRO 2019

Este ano para festexar o Día do Libro enchemos o noso pobo de flores e libros. Os máis pequenos estiveron no parque acompañados por alumnos/as do IES Urbano Lugrís que lles leron contos neste día tan especial e os maiores repartiron caraveis e libros a todos os veciños e veciñas da vila. Podedes ver todas as imaxes premendo no blogue da biblioteca.

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA DO S.XXI: LEOLAB

O pasado 12 de abril inauguramos as novas instalacións da nosa biblioteca escolar, un equipamento dentro da segunda fase do PLAN LIA. Este evento tan importante para esta comunidade educativa compartímolo o día anterior con tódalas familias e os seus fillos e fillas e hoxe con: O Sr. Inspector, os Srs. Asesores de Bibliotecas Escolares, o Sr. Alcalde, os membros do Consello escolar, as nais que forman a Xunta Directiva da ANPA, os empresarios que fixeron a obra nova, os padriños do noso laboratorio de cociña que xa inauguraramos hai dous anos, os directores dos coles do concello e un grupo de escolares de 6º. Foi unha xornada especialísima para nós e podedes ver unha reportaxe completa nas diferentes entradas do blogue da bibliotecaGrazas a tod@s cantos fixeron posible este equipamento que coloca a educación de Malpica no s.XXI!

Concurso deseña unha xoia para túa nai

O noso alumnao de 5º de primaria, Aarón Abal resultou seleccionado entre os finalistas do Consurso deseña unha xoia para túa nai.

A entrega de Premios terá lugar o venres 3 de maio, ás 17h30, no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela. Ese día daranse a coñecer os 12 gañadores ós que se lles fará entrega da xoia que deseñaron.

Finalmente resultou un dos GAÑADORES.

SEMANA DA MULLER 2019

Unindo dous grandes temas como é o noso PDI "O mar" e a Semana da Muller, convidamos a diferentes mulleres relacionadas cos oficios do mar as distintas aulas. Desta maneira, foron pasando polo noso centro armadoras, redeiras, percebeiras... que nos ensinaron os seus oficios e inclusa algunha foi entrevistada na nosa radio polos máis pequenos. Toda a información desta estupenda actividade no blogue "Porto da Gaia".

ENTROIDO 2019

Todas as imaxes deste entroido adicado as lendas relacionadas co mar, premendo no blogue da biblioteca.

Enquisas Convivencia

A Consellería, a través do Programa Educonvives, recolle cada ano datos de como se desenvolve a convivencia nos diferentes centros educativos da rede pública.

Para elo, remite ás familias, profesorado, alumnado desde 5º de Priamria en diante e persoal de administración e servizo, unha clave para que con ela poidamos ter acceso a unha enquisa que se cubere on line.

Estes días imos proceder a enviar as cartas que conteñen esa clave de acceso.

Excepto para o profesorado, a participación é voluntaria.

Neste sitio web https://www.edu.xunta.es/convivenciaxestion/ e coa clave que nos foi asignada a cada membro da comunidade educativa, podemos proceder a cubrir a enquisa.

O tempo estimado é de 15 minutos.

Recomentamos ler antes o apartado Preguntas frecuentes.

O prazo é ata o 17 de Marzo

Recollida de cilindros

cartel cilindros

DIA DE ROSALIA 2019

Unha das conmemoracións que máis nos gusta no noso centro é O DÍA DE ROSALÍA, 24 de febreiro, e nesta ocasión, seguindo a recomendación da Asociación de Escritores de Lingua Galega, fabricamos rosas para intercambiar entre o alumnado e agasallamos libros. Podedes ver todas as imaxes no blogue da biblioteca.

DIA MUNDIAL DO RADIO

Hoxe, 13 de febreiro, é o Día Mundial da Radio e desde Galicia, contribuimos á súa celebración con este programa espectacular coordinado por Rede Espora, a quen lle agradecemos o esforzo. A nosa participación estivo a cargo de Paula Vidal de 6º de E.P. e podedes escoitala a partires do minuto 17:57 premendo no enlace do blogue da biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut