Skip to Content

Calendario

Calendario Escolar 2017/2018

A Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/2018 nos centros docentes sostidos con fondos públicos, establece que  na educación primaria a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018, ambos os dous inclusive e ademais:
  • Períodos de vacacións:
    • Nadal: desde o día 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos os dous inclusive.
    • Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2018.
    • Semana Santa: desde o día 24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos os dous inclusive.
* O día 7 de decembro conmemórase o Día do Ensino e non é lectivo.

  • Conmemoracións

 Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

    • 20 de novembro de 2017: Día Universal da Infancia.
    • 25 de novembro de 2017: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
    • Do 1 ao 11 de decembro de 2017: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
    • 10 de decembro de 2017: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
    • 30 de xaneiro de 2018: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
    • 8 de marzo de 2018: Día Internacional da Muller.
    • 15 de marzo de 2018: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
    • Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballa­rase na aula con xornais.
    • 7 de abril de 2018: Día Mundial da Saúde.
    • Entre o 23 e o 27 de abril de 2018: Semana do libro.
    • 9 de maio de 2018: Día de Europa.
    • Do 14 ao 18 de maio de 2018: Semana das Letras Galegas.
    • 5 de xuño de 2018: Día Mundial do Medio Ambiente.

Neste centro, tamén se celebraran as seguintes festas:

27 de outubro de 2017:  Magosto.

21  de decembro de 2017: Nadal.

9 de febreiro de 2018: Entroido.

23 de febreiro 2018: Día de Rosalía.

Do 25 ata o 31 de outubro de 2017 : Lecturas terroríficas.

Do 29 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018: Semana da Paz.

Do 23 de abril ata o 18 de maio de 2018: Mes das Letras.

Distribuir contido


by Dr. Radut