Skip to Content

Novas 2016/2017

novidades do curso 2016/2017

ENTROIDO 2017

O pasado venres, 24 de febreiro, festexamos o noso día grande do entroido no Ceip Milladoiro. Cada unha das clases elexiu un disfraz relacionado coa nosa PDI, Pintamos moito! o que deu un resultado moi colorido. Podedes ver un resumo deste día no blogue da biblioteca.

DÍA DA PAZ

O luns 30 de xaneiro conmemoramos o  Día da PAZ. Este ano traballamos o aspecto da inclusión e aprendimos esta canción de Magín Blanco en lingua de signos baixando a cantala todos xuntos o patio. Podedes ver un resumo da actividade no blogue da biblioteca.

Ademais no ciclo de Educación Infantil tamén quixemos conmemorar o Día da Paz co noso mural particular, onde facemos maxia para que a paz se faga e da nosa chistera salen pombas con mensaxes de Paz.

VENRES ROBÓTICOS

O CEIP MILLADOIRO está sumerxido no Proxecto escornabots na biblioteca escolar e todos os venres os alumnos e alumnas de Educación Primaria que o desexen acuden a un taller de escornabots, impartido pola mestra Marta Couto, na biblioteca escolar. Primeiramente os maiores tiveron que facer toda a montaxe e unha vez listo aprenden con eles o resto de nenos e nenas con miles de actividades, por exemplo para o Día da Paz, co mapa do mundo... podedes ver un resumo delas no blogue da biblioteca. Tamén os máis pequenos iniciáronse neste novo mundo da robótica e podedes ver algunha das actividades no seu blogue cativiños do milladoiro.

NADAL 2016

A comunidade educativa do CEIP Milladoiro quere desexarvos unhas felices festas e un feliz 2017 a través deste vídeo tan máxico que fixeron os alumnos/as e o profesorado coa canción Tan só con leres un libro de Mamá Cabra, podendo ver este no blogue da biblioteca.

BO  NADAL  E  FELIZ 2017!

PREMIOS NADAL

Andrea Vila (2º de Primaria) foi a gañadora este ano do concurso de debuxo que organiza o Concello de Malpica para ilustrar o cartel de actividades municipais navideñas. O alcalde de Malpica entregou o premio en persoa no CEIP Milladoiro, consistindo este nun lote de libros. Ademais agasallou o resto do alumnado co libro Os bolechas visitan a Olería de Buño.

Samaín 2016/2017

Xa tedes á vosa disposición no blog da biblioteca un resumo das actividades realizadas durante esta semana "terrorífica" e as diferentes actuacións do alumnado na biblioteca. 

OUTONO FOTOGRÁFICO

CONCURSO DE CABAZAS

Xogos populares nos recreos

Coma outros anos, os recreos énchense de diversión cos xogos populares. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasan os cativos xogando a corda, mariola, aros, zancos, 3 en raia ou buxainas.

Para ver o vídeo podedes premer no seguinte imaxe.

Xogos populares no recreo

COMEZA O NOVO CURSO 2016/17

Distribuir contido


by Dr. Radut