Skip to Content

Calendario Escolar 2024/2025

DATAS A CELEBRAR

CURSO 2024/25

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, as actividades lectivas  realizaranse do día 11 de setembro de 2024 ao 20 de xuño de 2025, ambos inclusive.

▪        

Períodos de vacacións

⮚     

Nadal: dende o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

⮚     

Entroido: días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

⮚     

Semana Santa: desde o día 14 ata o día 21 de abril, ambos incluídos.

* O día 31 de outubro conmemórase o Día do Ensino e non é lectivo.

* Os días elexidos polo centro como non lectivos son: 4 de novembro e 2 de maio.

 

▪         Conmemoracións:

20 de novembro de 2024: Día Universal da Infancia.

25 de novembro de 2024: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A semana do 6 de decembro de 2024: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

3 de decembro de 2024: Día Internacional das persoas con discapacidade.

10 de decembro de 2024: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

24 de xaneiro de 2025: Día Internacional da Educación.

30 de xaneiro de 2025: Día Escolar da non Violencia e da Paz.

23 de febreiro de 2025: Día de Rosalía de Castro.

8 de marzo de 2025: Día Internacional da Muller.

15 de marzo de 2025: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

A segunda semana de marzo de 2025: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.

7 de abril de 2025: Día Mundial da Saúde.

A semana do 23 de abril de 2025: Semana do libro.

2 de maio de 2025: Día Internacional contra o Acoso Escolar.

9 de maio de 2025: Día de Europa.

A semana do 17 de maio do 2025: Semana das Letras Galegas.

5 de xuño de 2025: Día Mundial do Medio Ambiente.

No noso centro, tamén se realizarán as seguintes actividades-celebracións:

Outubro: Magosto.

Do 24 ao 30 de outubro de 2024: Semana das Lecturas Terroríficas.

20 de decembro de 2024: Nadal.

27 ao 31 de xaneiro 2025: Semana da Paz.

28 de febreiro 2025: Entroido.

Do 22 de abril ata o 17 de maio de 2025: Mes das Letras.

CALENDARIO MILLADOIRO 2024-25:

AdxuntoTamaño
calendario 24-25.pdf117.97 KB


page | by Dr. Radut