Skip to Content

Novas 2018/2019

Todas as novas para o curso 2018/2019

DIA DA PAZ 2019

Como todos os anos festexamos a paz cantando todos xuntos no patio, este ano a canción elexida foi "Campás pola paz" de Migallas, podedes ver un fragmento da xuntanza no blogue da biblioteca. Ademais, coincidindo co novo ano chino, a clase de 5º de E.I., que está co proxecto de China, invitou ao resto das clases a participar na creación de tarxetas vermellas con mensaxes de paz e felicidad e deixalas todas nun espazo decorado para este fin e despois recoller unha tarxeta doutro alumno e alumna, convertindo a xornada nun momento de compartir, participar e reflexionar. FELIZ DIA DA PAZ!

BO NADAL E FELIZ 2019

Volvemos o 8 de Xaneiro!

(O comedor tamén)

SAMAIN 2018

Chegou unha das épocas que máis nos gusta do ano, o Samaín, e veu cargadiño de actividades. IX Edición de Lecturas Terróficas que como sempre comeza cunha exposición na biblioteca de lecturas propias desta temática e ademais durante unha semana as diferentes clases participaron con actuacións tan terroríficas como a representación do conto "A figueira de pelostortos" dos alumnos e alumnas de 5º de E.P., a canción dos esqueletos de 6º E.I... podedes ver un resumo de todas elas no blogue da biblioteca.

Ademais as familias participaron na creación das cabazas, coa novidade deste ano de que todas tiñan que estar inspiradas no tema mariñeiro e saíron auténticas marabillas, podedes ver un resumo de todas elas premendo no seguinte enlace: cabazas mariñeiras.

MAGOSTO 2018

Un ano máis festexamos o noso magosoto con xogos populares para os máis pequenos con a castaña como protagonista en cada un deles e despois a desgustación das deliciosas castañas que sempre saben a pequenos e maiores, podedes ver un vídeo resumo desta xornada no blogue da biblioteca.

RADIO BALEA

O curso comeza cargadiño de novidades e, entre elas, destaca as novas instalacións de Radio Balea, a radio do noso cole. Gracias a colaboración da ANPA e do Concello estreamos dependencias totalmente acondicionadas para poder levar a cabo a nosa aventura dentro do mundo da radio. Formamos parte do programa educativo Radio na biblio, sendo un dos primeiros 20 centros seleccionados.

CURSO 2018-2019

BO NADAL E FELIZ 2018

Distribuir contido


by Dr. Radut