3º Curso de Primaria

27/03/20

Fai clic na imaxe de abaixo para acceder ao documento:

26/03/20

Ola chic@s!!!! Aquí seguimos con toda la fuerza y el ánimo en alto para continuar cumpliendo con nuestra misión de derrotar al COVID-19. Y lo vamos a conseguir muy pronto con la ayuda de tod@s!!!! Mientras tanto, no debemos descuidar nuestras tareas escolares. En el documento adjunto os dejo el enlace al blog de aula por asignaturas. Ánimo y a seguir!!!

Si tenéis alguna duda podéis consultarlas a ravés del correo que os proporcioné o directamente en un comentario en "Mi aula".

 

 

SEGUIMOS!!!!

Ola a to@s!!!! Aquí seguimos con forza e animando aos que nos rodean para que todo resulte máis doado.

Temos novas propostas para manter activas as nosas neuronas. Coa axuda das vosas familias tentade averiguar a solución aos enigmas e adiviñas que irán aparecendo en "Mi aula". A pensar!!!!

Por outra banda, grazas a unha familia do equipo coñecemos unha páxina de experimentos para todos os niveis de Primaria moi acaída ao noso PDI deste ano. Tendes que clicar no apartado de 1º a 3º. Son 29 experimentos moi sinxelos, moi interesantes e divertidos. Algúns moi sorprendentes. Seleccionade os que se relacionen cos contidos de Naturais e poñédevos mans á obra. Pasarédelo xenial!!!

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.

Para acceder fai clic AQUÍ

Moito ánimo e a seguir!!!

 

TERCEIRO EP

Ola a tod@s!!!

Xa sei que estades traballando arreo e case tod@s tendes as tarefas rematadas. MOI BEN!!!!! Pois hai que seguir porque aínda que esteamos na casa non son vacaciónsRisa

 

O próximo xoves haberá novas tarefas en "MI AULA". Pasádevos diariamente por alí para enterarvos das novidades. Aproveitaremos os días que quedan antes de Semana Santa. Ánimo, equipo!!! Agardo vervos axiña!!! Unha aperta enorme. Profe Julia.

AVISO

Ola a todos e todas! Espero que esteades ben xunto coas vosas familias. Quero enviarvos unha aperta e moitos ánimos para cumprir coa nosa responsabilidade persoal e social. Sei que o estades facendo xenial e que seguiredes achegando o voso esforzo para que todo acabe o máis axiña posible.

Supoño que estades a traballar diariamente nas vosas tarefas, tanto familiares como escolares. Para seguirmos en contacto, xunto co espazo web MI AULA, habilitei unha conta de correo, que permanecerá activa mentres dure o peche dos coles, para que poidades consultarme as dúbidas de tipo académico que vos xurdan e que vos poida resolver nas circunstancias en que nos atopamos. Tamén a podedes utilizar para enviarme fotos dos vosos traballos, debuxos, manualidades..., que queirades que publique no blogue.

 

Estade atent@s e visitade MI AULA porque alí irei deixando novas propostas de tarefas, vídeos, fichas e actividades que recomendo realizar.

Unha agarimosa aperta para tod@s.

Profe Julia.

A conta de correo é a seguinte: coleencasa2020@gmail.com

 

Distribuir contido