SEGUIMOS!!!!

Ola a to@s!!!! Aquí seguimos con forza e animando aos que nos rodean para que todo resulte máis doado.

Temos novas propostas para manter activas as nosas neuronas. Coa axuda das vosas familias tentade averiguar a solución aos enigmas e adiviñas que irán aparecendo en "Mi aula". A pensar!!!!

Por outra banda, grazas a unha familia do equipo coñecemos unha páxina de experimentos para todos os niveis de Primaria moi acaída ao noso PDI deste ano. Tendes que clicar no apartado de 1º a 3º. Son 29 experimentos moi sinxelos, moi interesantes e divertidos. Algúns moi sorprendentes. Seleccionade os que se relacionen cos contidos de Naturais e poñédevos mans á obra. Pasarédelo xenial!!!

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.

Para acceder fai clic AQUÍ

Moito ánimo e a seguir!!!