Escolares, E. Física, E. Infantil, English Corner, E. Musical, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo

Benvidos e benvidas a 2º

 Xa estamos de novo no colexio.

Os nenos e nenas de 2º estamos moi content@s de iniciar un novo curso e de atoparnos cos compañeir@s e mestr@s do noso colexio.

Bo inicio de curso para tod@s!


A MÚSICA EN E. INFANTIL

A educación Musical nos primeiros anos proporciona unha base sólida para a aprendizaxe posterior,á vez que contribúe ao desenvolvemento psíquico e físico da personalidade do neno/a.

Esta apertura ó mundo sonoro parte da experiencia manipulativa e afectiva do rapaz/a, sempre cunha acollida agarimosa e ilusionada. A aprendizaxe nesta etapa é de carácter eminentemente intuitiva. Pártese da necesidade de expresión do alumno/a, do seu modo espontáneo de se comunicar, crear e vivir a música, da súa necesidade de moverse e da expansión corporal.

As sesións realízanse dun xeito globalizado. Son, ante todo moi lúdicas e dinámicas partindo do mundo que os rodea, dentro dun clima motivador e distendido.

O obxectivo é que gocen da música, que vivano mundo sonoro cantando e expresándose corporalmente. Desenrolar a capacidade psicomotora.

Integrarse en actividades grupais.

Desenvolver capacidade de atención.

Explorar o son a partir de obxectos, instrumentos, o propio corpo e a voz..

ENGLISH CORNER

  


            

 

 

 




Distribuir contido