BO MÉRCORES. AQUI SEGUIMOS

Bo día estimadas familias de 1º e sobre todo unha gran aperta a todos os meus alumnos e alumnas:

Que tal vos vai todo? agardando que ben e sobre todo para os peques.

Non vos envio máis traballoSorriso só recordarvos que podedes facer collages con xornais vellos, revistas...Na aula fixemos un traballiño de recortes de alimentos que o poden facer de repaso,mesmo algún menú ( lles serve de guía o libro ).

Non vos esquezades de facer exercicio, xogos de movemento ( estes días temos que reinventar os fogares ) e tamén podedes facer instrumentos de música con material de refugallo ( eu dispoño dalgunha páxina ).

Non vos esquezades de entrar no blogue O curruncho do primeiro ciclo e xa sabedes calqueira cousa utilizade o correo.

Saúdos e apertas, MªJosé