Blogues

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, o noso Mik preparounos unhas actividades. Por unha banda un libro no que deixar a nosa pegada, emulando as das pinturas rupestres.

Por outra banda, un quebracabezas xigante dunha pintura relacionada ca paz, co obxetivo de descubrir a obra de arte e o seu autor ou autora.

Reapertura da biblioteca

A Biblioteca abriu as súas portas a novas historias, a novos proxectos e, por suposto, á maxia da pintura. E que mellor xeito de comezar que con outra clase de maxia, a da música de uxía e Roscón, parte de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Moitísima grazas por agasallarnos co voso tempo, enerxía e bo facer.

 

8 de marzo

 

8 de marzo Día Internacional da Muller

 

 

 

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Temos o pracer de anunciarlles que o venres 27 de outubro terá lugar a gran estrea de:

PELICULETRAS   "Unha biblio de cine"

DÍA NON LECTIVO

  Día non lectivo de libre elección: 2 de maio de 2017

A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS

 

Benvidos a este novo curso de parte da Biblioteca e, sobre todo, de parte de Mik, que xa algo canso de tanto descanso nos recibe con novas aventuras. Este curso toca ser exploradores, guías turísticos. Co noso proxecto: A volta ao mundo en 80 historias, percorreremos unha chea de países e descubriremos e aprenderemos moreas de cousas sobre monumentos, comidas, vestimentas, costumes e tradicións, música, problemas aos que se enfrontan noutros lugares…, e quen sabe cantas cousas máis.

 

Como punto de inicio e para cargarnos de enerxía, que boa falta nos fará, imos a ter como convidado a Jõao Paulo Espanhol, músico brasileiro que leva metido neste mundo desde os oito anos. Aínda que agora vive aquí ao lado, en Sárdoma, é natural de Espirito Santo. Poida que Brasil sexa un dos países a  investigar, quen sabe. Estes e outros misterios quedan para máis adiante, de momento a gozar do espectáculo!!

PARA TÓD@L@S ALUMN@S

Ola. Perdoade que leve uns días sen contestar ós emails. Estamos xa traballando nas avaliacións e estou rematando unhas tarefas e non din co momento. 

@s que mandastes as tarefas a englishmestres@hotmail.com, non teñades problema, vos@s fill@s xa están aprobad@s e avaliad@s e na semana que ven non teñen máis que facer que repasar.

@s que estades en contacto comigo a través dalgunha das contas de email de recuperación, tranquil@s que estou ó tanto do traballo d@s vos@s fill@s para as avaliacións e está todo revisado. Algún ten que mandar algo pero está avisad@. @s que xa mandastes todo, non vos preocupedes, en canto poida confírmovos que @s vos@s fill@s están aprobados. 

Perdón pola molestia e gracias pola comprensión e o traballo. Apertas

PARA @S CHIC@S DE 3º

Ola!
Hoxe imos facer unha fichiña de repaso dos temas 1 e 2 para que non se nos esquezan. 

Moitos ánimos e apertas!

PARA @S CHIC@S DE 2º

Ola!

Hoxe imos facer unhas fichiñas de repaso dos temas 1 e 2 para que non nos esquezamos. O primeiro exercicio de cada páxina non se pode facer porque é de escoitar, pero os demáis sí. 

Moitos ánimos e apertas!

PARA @S CHIC@S DE 5º

Ola!

Hoxe mándovos unhas fichas de repaso dos temas 1 e 2 para que non nos esquezamos. Mirade o libro e os apuntes da libreta se necesitades. 

Moitos ánimos e apertas!

Distribuir contido