A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS

 

Benvidos a este novo curso de parte da Biblioteca e, sobre todo, de parte de Mik, que xa algo canso de tanto descanso nos recibe con novas aventuras. Este curso toca ser exploradores, guías turísticos. Co noso proxecto: A volta ao mundo en 80 historias, percorreremos unha chea de países e descubriremos e aprenderemos moreas de cousas sobre monumentos, comidas, vestimentas, costumes e tradicións, música, problemas aos que se enfrontan noutros lugares…, e quen sabe cantas cousas máis.

 

Como punto de inicio e para cargarnos de enerxía, que boa falta nos fará, imos a ter como convidado a Jõao Paulo Espanhol, músico brasileiro que leva metido neste mundo desde os oito anos. Aínda que agora vive aquí ao lado, en Sárdoma, é natural de Espirito Santo. Poida que Brasil sexa un dos países a  investigar, quen sabe. Estes e outros misterios quedan para máis adiante, de momento a gozar do espectáculo!!