Skip to Content

Novas

CELEBRACIÓN DA "REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS"

"A REVOLUÇÃO DOS CRAVOS" 

Co motivo da celebración do 50 aniversario do día 25 de abril de 1974 (coñecido como Revolución dos Caraveis), o alumnado e profesorado viviu unha xornada emotiva, chea de sentimento e cor. Os caraveis vermellos encheron os corredores do cole e ao son das cancións "Grândola" e "Somos livres" lembramos este acontecimento.

Rematamos a xornada cun sabor de boca ben doce...un delicioso cupcake!

 

 

 

 

 

 

 

 

MATRÍCULA 2024-2025

UN ALMORZO ESPECIAL

Hoxe os alumnos/as de Educación Infantil tivemos un día diferente.

Fomos almorzar ao bar. Cantas cousas ricas!

QUE BEN O PASAMOS!!

ENTROIDO

ENTROIDO NO COLE

UNHA SEMANA CHEA DE FOLIADA E MOITA DIVERSIÓN

(Clica nas fotos para acceder ao álbum da galeria)

        

     

 

 

 

 

 

 

 

 

  

DÍA DA PAZ

NO CEIP MARIÑAMANSA CELEBRAMOS  O DÍA DA PAZ

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MILLA SEMANAL - EDUSAÚDE

 

O noso colexio ven a participar na actividade Milla Semanal. Esta actividade está incluida no programa de innovación educativa EduSaúde. O obxectivo do  mesmo é aumentar a práctica de exercicio físico dentro do horario lectivo, promovendo hábitos de vida saudables.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NADAL NO COLEXIO

XUNTOS COMPARTIMOS ALEGRÍAS

-FESTIVAL DE NADAL-

No CEIP Mariámansa celebramos o Nadal cunha festa adicada ás familias.

Recitamos, cantamos, bailamos e degustamos doces de nadal nunha xornada inolvidable que conxuntamente disfrutamos no festival "Xuntos Compartimos Alegrías".

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

 

 

 

 

NOVAS

23/02/2021
Atlantic/Bermuda

 

MAGOSTO NO COLE

Unha xornada inolvidable onde os xogos tradicionais foron os protagonistas. 

VIVA O MAGOSTO!

 

INICIACIÓN AO RUGBY

Os días 7 e 8 de novembro os nenos e as nenas de 3°~4°~5° e 6 de EP disfrutaron dunhas sesións de iniciación ao Rugby gracias a Rugby Ourense e o programa XOGADE que promove o deporte escolar.

 

 

 

O DÍA 6 DE NOVEMBRO

VISITA Á EXPOSICIÓN DE POLO A POLO

 

Os nenos de 1°~2~°3°~4° de EP visitaron o Xardín do Posío para ver a exposición da Fundación La Caixa DE POLO A POLO na que pudieron coñecer de primeira man os problemas do cambio climático nas especies animais e vexetais máis perxudicadas na actualidades e os seus problemas de extinción.

 

 

 

Para ver máis preme no video 

VISITA AO CENTRO DO CLUBE DE XADREZ LETHES

O pasado xoves 19 de outubro desfrutamos dunha experiencia enriquecedora para o alumnado. O clube Lethes visitounos e os alumnos puideron practicar co xadrez e coñecer ademais a importancia da robótica e a programación. Cremos que o xadrez é unha ferramenta excepcional para estimular o pensamento crítico, a creatividade e o desenvolvemento cognitivo independentemente da idade, ademais de fomentar importantes habilidades sociais como a paciencia e a toma de decisións.

 

COÑECENDO AS FROITAS TROPICAIS

Co motivo da celebración do Día da Alimentación, o pasado 11 de outubro vivimos unha xornada moi divertida, chea de cor e sabor, onde as froitas tropicais foron as protagonistas.

Aprendemos os seus nomes, os seus lugares de procedencia, os beneficios que nos reportan e rematamos cunha degustación. Cada froita probada valia un selo na nosa tarxeta "Frutiselos" que daba dereito a un pequeno agasallo.

Que día tan dociño!

 Preme na imaxe para ver o vídeo

VISITA DO CLUBE MARUSIA DE XIMNASIA AO NOSO CENTRO
 
O pasado día 9 de Outubro, os nenos e nenas de tódolos cursos puideron desfrutar dunha sesión para coñecer a ximnasia rítimica a través do programa XOGADE da Consellería . O clube Marusia de Ourense visitounos e fixo partícipes aos nosos pequenos a través dos aros, as mazás, a pelota, a cinta e a propia expresión corporal a través dunha coreografía.

 

 

 

O CEIP MARIÑAMANSA NO FESTIVAL DE CINE

O pasado día 4 de Outubro fomos ao Auditorio Municipal e asistimos ao filme "Unha aventura xigante" (actividade organizada polo Concello de Ourense).

FOI UNHA MAÑÁ MOI ANIMADA PARA O ALUMNADO DE 3°, 4°, 5° E 6°

VIVA O CINE ESCOLA!

Información para o alumnado de

4º de Educación Infantil

 

 

BENVID@S AO CURSO 23- 24  VergoñaVergoña

COMEDOR- CURSO 23/24

IMPRESO AUTODECLARACIÓN

Todo o alumnado que faga uso do servizo do comedor no curso  23-24 deberá presentar este modelo de autodeclaración debidamente cuberto, no día 1 de setembro na secretaría do centro.

MODELO DE AUTODECLARACIÓN

 

AVISOS

 

  • O alumnado admitido no CEIP MARIÑAMANSA deberá formalizar a matríula na secretaría do Centro. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.

 

 

  • AXUDA LIBROS E MATERIAL

Entrega de vales de libros e material: do 3 ao 7 de xullo.

 

(as familias que non recollan o vale nestas datas terán que esperar a setembro para recollelo).

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 23-24

 

UNHA DESPEDIDA QUE NON É UN "ADEUS" É UN "ATA SEMPRE"

MOITAS FELICIDADES QUERID@S ALUMN@S DE 6°

RECOMENDACIÓN LECTORA PARA O VERAN

 

COMICS DO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA

UNHA XORNADA INOLVIDABLE

CON XOGOS TRADICIONAIS.


 

PROGRAMA EDU SAÚDE

O pasado día 16 participamos na actividade do programa Edu Saúde. Fomos polo paseo do Río Barbara e visitamos o Pavillón dos Remedios.

Pasámolo moi ben!

EXCURSIÓN A VIGO

@s alum@s de Educación Infantil, 1° e 2° fomos ao Zoo de Vigo e á praia.

Un día un día inolvidable!

 

- PRAZOS FONDO LIBROS /AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/24

 

Un pouquiño da celebración das Letras Galegas no noso Cole

 

@s alumn@s de 6º comenzan os preparativos para a celebración do Día das Letras Galegas con este vídeo tan fermoso! 

Taller de Ecopercusíon

(Organizado en colaboración coa asignatura de Música, o Equipo de Biblioteca Escolar e o CFR Ourense, a través dos Pfpps do centro)

Hoxe pasamos unha xornada do máis divertido e animado. As nosas mamás e os nosos papás estiveron no Cole e participaron con nós nun taller de ecopercusión.

Unha actividade fantástica que nos achegou a todos á percusión, recoñecendo ritmos e sonoridades.

Grazas Didier polo día inolvidable que nos proporcionaches!  

 "Pasea pola tua Cidade" actividade organizada polo Concello de Ourense

@s @lunos de Educación Infantil e 1° participaron nunha visita guiada por Ourense.

Visitaron as Burgas, a Praza Maior e o exterior da Catedral.

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO RECIBIMOS NO NOSO COLE A ESCRITORA MARÍA VICTORIA BERJANO CID

FOI UN DÍA MOI ENTRAÑABLE!

 

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!

 

Vémonos á volta (o día 11 de abril) coas pilas cargadas.

 

Para celebrar o Día da Auga @s alumno@s de 3º e 4º fomos ao Centro de Interpretación de as Burgas.

Aprendemos moito sobre a temática da auga e sobre a riqueza termal da nosa cidade.

 

 

 

 

Visita d@s alumn@s de 5º e 6º á Policía Local

Encontros co autor

No pasado día 9 de marzo fomos de excursión ao Liceo para coñecer a Lois Pérez.

Despois da interpretación do seu libro "A gruta da Torre" quixemos facer algunhas preguntas ao escritor.

Que día tan especial!!!

 

Celebración do Día da Muller 

Para celebrar o 8M fixemos unha morea de actividades no Cole.

Asistimos ao Contacontos de Uxía Morán, ao Teatro con Trémula Teatro e a unha Sesión de Cine na Escola.

Pasámolo xenial!

 

Sesión de Contacontos

 

FROITA NA ESCOLA

INFORMAMOS AS DATAS DE DISTRIBUICIÓN DE FROITA FRESCA NA ESCOLA

2º PERIODO 

 

FROITA - DO 13 AO 24 DE MARZO

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

 

Reserva de prazas en centros de adscripción.

                (segundo Orde do 21 de outubro de 2022)

Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

Reserva de praza: · Alumnado 6º curso

Antes do 28 de febreiro de 2023

Publicación listaxe alumnado con posto reservado.

FROITA NA ESCOLA

UNHA VEZ COMUNICADA A RESOLUCIÓN DA AXUDA CONCEDIDA POLO FOGGA PARA O SUMINISTRO DE FROITAS FRESCAS E LEITE NA ESCOLA, INFORMAMOS AS DATAS DE DISTRIBUICIÓN 

1º PERIODO

FROITA - DO 16 AO 27 DE XANEIRO

 

LEITE- DO 27 DE XANEIRO AO 28 DE FEBREIRO

Entroido no Cole

Hoxe, 24 de febreiro, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA con estas montaxes tan chulas feitas cos debuxos dos nosos alumnos e alumnas e as cancións de Uxía Senlle. Desexamos que vos guste!

EDUCACIÓN INFANTIL: XAN

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: ROSALÍA PEQUENIÑA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: COMO CHOVE MIUDIÑO

3º EDUCACIÓN PRIMARIA: HAS DE CANTAR

4º EDUCACIÓN PRIMARIA: MAIO LONGO

5º EDUCACIÓN PRIMARIA: FALARES DE AMOR

6º EDUCACIÓN PRIMARIA: ALBORADA

Novas

 

 Aínda que con algo de retraso por problemas técnicos... aquí vos deixamos o vídeo da nosa celebración de Samaín no cole. Estivo de medo!

 

DEIXADE QUE O ESPIRITO DO AMOR ENCHA SUAVEMENTE OS VOSOS CORAZÓNS!

DESEXOS DE FELICES FESTAS

 

 

O día 30 de outubro celebramos o Samaín no Cole.

Participamos en actividades moi divertidas: adornamos as nosas aulas, preparamos e degustamos galletas "arañas", fixemos as nosas propias creacións de monstros terroríficos, cantamos e signamos unha canción dende as ventás do cole...

Foi un día inesquecíble!!!

 

 

TRABALLO PARA O ALUMNADO- MEDIDAS EXTRAORDINARIAS POLO CORONAVIRUS

 

PREME EN CADA APARTADO PARA TER ACESSO ÁS ACTIVIDADES DISPOÑIBEIS: 

 

ACTIVIDADES XENÉRICAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 

 
 

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CADA MATERIA

 

(Se non podedes imprimir empregade as fichas propostas como modelo e facédeas cos materiais que teñades na casa)

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

AULA ESPECÍFICA

 

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

INGLÉS

 

PORTUGUÉS

 

EDUCACIÓN MUSICAL

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA

 

RELIXIÓN CATÓLICA

 

 

 

RELIXIÓN EVANXÉLICA

 
 
 
 
 
 

 

TAREFAS DE MARÍA PT

 

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP MARIÑAMANSA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO  2020/2021 

 

(para máis información contactar a dirección do centro)

 

Horario de entrega de notas

 

 

Luns 29 de xuño.

 

 

Martes 30 de xuño.

Entre as 10 e as 11 h.

            5º

Entre as 11 e as 12 h.

Entre as 12 e as 13 h.

4º/5º  EI

Entre as 13 e as 14 h.

5º/6º EI

 

 

 

Día das Letras Galegas

"Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero"

Preme na imaxe para ver o vídeo

 

Proposta de actividade para celebrar o Día das Letras Galegas

 

Restablecido o procedemento de

admisión do alumnado

Presentación de solicitudes de admisión dende o día 11 de maio ata o día 18 do mesmo mes, por vía telemática ou presencial con cita previa, chamando ao teléfono 988254203

_______________________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________________________

 

Hoxe recibimos un grande agasallo dos nosos alumn@s organizado polas súas mamás.

Que alegría!

 

Dende o cole mandamos aos nosos alumn@s e demais comunidade educativa unha mensaxe de ánimo e moito agarimo ao ritmo de "Resistiré" 

 

Os desexos plasmados neste debuxo tan bonito, son tamén os nosos.

Moi ben Bintou!

DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PREPARAMOS ALGUNHAS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Para saber máis información preme na imaxe

Libros recomendados

Un día de Treboada 

O tempo do Revés

O dragón Comemedo

Nube Branca

Liliput

 

E non esquezades de ver tamén este fermoso conto

 

ACTIVIDADE PLÁSTICA 

NOVA PROPOSTA PARA  O  ALUMNADO

 

Estes cantantes deixáronnos marabillados!!!

Mirade que voces preciosas...

 

Preme na imaxe para acceder ao video

 

 

 

Grazas querido Breixo!

 

Hoxe fomos sorprendidos cunhas fermosas fotos  dos traballiños feitos polos nosos alumnos. 

 

   

 

Grazas   queridos Gilber, Pablo e Teo!

 

 

Propostas  de formación educativa complementaria e lúdica do Concello de Ourense

Para máis información preme na imaxe 

 

 

Preme aquí

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-castellano.pdf

 

 

 

Ánimo!!!

Temos que quedar un pouquiño máis na casa e por iso é moi importante que nos apoiemos e nos axudemos entre todos e todas.

Algunhas PROPOSTAS  DENDE O CENTRO para estes días son:

 

  • As máis importantes son: lavar moito e moi ben as mans e ficar na casa!!!.
  • Intentar manter uns hábitos saudables   e unhas rutinas diarias de traballo, sono e alimentación e colaborar coas tarefas da casa.
  • Realizar actividades creativas : facer manualidades, cantar, bailar, crear historias ou contos, inventar xogos, realizar  comidas e merendas creativas.
  • Xogar con xogos de mesa ou realizar  xogos pola casa, utilizando material de refugallo ou  o material do que dispoñades na casa,un diario.
  • Utilizar o ordenador e os aparellos tecnolóxicos dun xeito controlado.
  • A lectura é moi importante. Recomendámosvos ler cada día un pouquiño e mandámosvos uns contos, para que poidades descargalos  gratis. 

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=1#PD_Antonio%20Rubio%20-%20Cocodrilo (infantil).

 

Seguimos á vosa disposición nos correos: marinamansanacasa@gmail.com ceip.marinamansa@edu.xunta.es e no número de teléfono do Centro: 988254203. Indicade para que profesor ou profesora vai dirixida a mensaxe, cando se trate das tarefas propostas.

 

Un grupiño de intérpretes de Lingua de Signos Española de Galicia animan a todos a quedar na casa para conter o coronavirus.

Preme na imaxe abaixo para ver este video tan fermoso.

 

 
A CRTVG, ponla canle G2, emite un bloque educativo, entre as 11:00 e as 13:00, en colaboración coa Consellería de Educación 
 

 

 

 

                 Actividade Arco da Vella

                 Anexo I

                 Anexo II

 

 Participación na actividade proposta para o día do autismo

 

Moi ben Gilber!

 

 Preme na imaxe para acceder á  actividade polo día do autismo

 

 

O Sergas convídate a enviar mensaxes de ánimo aos ingresados por coronavirus

         Para poder participar preme aquí.

 

 

Suspéndense as actividades lectivas dende o luns 16 de marzo e durante 14 días. 

 

Encontro cos nenos e nenas de Educación Infantil e os Maiores do Centro de Día de Ourense, que pertence á Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia. No devandito Centro desenvólvese o Proxecto Nuka. Pequenos e Maiores compartiron vivenzas durante a mañá do pasado venres 28 de febreiro.

 

  

   

   

 

O 30 de xaneiro, as alumnas e alumnos do CEIP Mariñamansa , celebraron o día do Paz. Para isto, construíron un corazón con diferentes pezas que decoraron eles mesmos coas súas mans. Ademais, durante ese mes, estiveron practicando moito a canción “Eu teño alguén”, para interpretala de forma oral e coa lingua de signos ese mesmo día.

 

Foi un día moi especial para nós e aquí deixamos unha mostra diso.

Día da Paz no Cole 

                                                            

 

 

 

Bo Nadal e

 

feliz aninovo!

 

  

 

 

O día 13 de Decembro recibimos no noso Cole a escritora portuguesa "Adélia Carvalho". Foi un día moi entrañable!

 

Teatro en inglés

O pasado día 13 de Novembro fomos ao Auditorio Municipal ver unha obriña de teatro "The Tin Soldier" en inglés. Gustounos moitisimo e queremos repetir!!!

 

 

Magosto 2019 

Os alumnos e alumnas de infantil e primaria do noso colexio disfrutaron moito do Magosto o pasado día 8 de novembro. Para elo os profesores e profesoras prepararon unha degustación de castañas durante o recreo e un circuito de probas moi variadas e dinámicas, como por exemplo: xogos de equilibrios ou saltos a comba.

Unha xornada divertida onde se coñeceu un pouco mais da nosa cultura e tradicións.

 

 

 

 

O día 30 de Outubro celebramos o Samaín. Fixemos actividades moi divertidas: debuxamos, pintamos cabazas, decoramos o cole e escribimos os nosos medos ao monstriño "Quita Medos". 

         

 Pasámolo moi ben!!!

 

       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

O día 11 de Setembro comezarán as clases do curso 2019-2020

 

 

Día Nacional da Lingua de Signos Española

O pasado día 14 de Xuño celebramos no noso Cole o Día Nacional da Língua de Signos. 

 

Excursión a Portugal

Os alumnos de 5º e 6º participaron nun intercambio cos alumnos da Escola EB2-3 de Vila Nova de Famalicão organizado polo Concello de Ourense no ámbito do Eixo Atlántico.

Unha experiencia inesquecible!!!

Día do libro

"No hay mejor fragata que un libro para llevarnos a tierras lejanas."  

                                  Emily Dickinson

 

O pasado día 10 de abril recibimos no noso Cole os alumnos de 5º e 6º da Escola Júlio Brandão, de Vila Nova de Famalicão (Portugal).

Interpretamos a canción "Grândola Vila Morena", preparamos un almorzo requetechulo e sobre todo compartimos momentos moi especiais!

 

    

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O día da árbore plantamos bidueiros no Cole e xa veredes como medran!

 

Momentos inesquecibles con Ángeles

(a nosa marabillosa cociñeira)

 

Celebración do "8M" no Cole

 

Interpretación da canción "Vivir" en Lingua de Signos para a celebración do Día Internacional da Muller

 

 "Preparando o 8M"

 

 

Celebramos o Entroido con moita alegría, fantasía e cor!

 

 

No día de S. Valentín espallamos amor e amizade por todo o Cole!

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2019-2020 (Do 1 ao 15 de febreiro)

 

RESERVA DE PRAZA. DO 1-15 DE FEBREIRO

O prazo para a reserva de praza durante o curso 2019-2020, vai dende o 1 ao 15 de febreiro, ambos inclusive. Para alumnado de 6º que vaia ao centro adscrito (IES A Laboral) ou para novo alumnado.

Podedes cubrir as solicitudes mediante un formulario que podedes atopar na secretaría do centro ou na web da consellería de educación.

www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

 

Dia da PAZ

 Estos días fixemos diferentes actividades no Cole para celebrar a vida grazas aos valores da amizade e a solidaridade.

 

 

 

 

Obradoiro de primeiros auxílios: pupas, sustos e outros desgustos

Organizado pola EOXI de Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O pasado día 30 de Outubro recibimos a visita do recoñecido escritor António Mota acompañado pola Coordinadora do Ensino Portugués en España Filipa Soares. Asistiu tamén ao acto o noso Alcalde D. Jesús Vazquez. 

Pasamos un día moi entrañable!!!

 

 

 

 

Video "Aquela folha"

 

Samaín no Cole

Coas cabazas terroríficas que fixemos, moito medo tivemos!! 

 

 

 

 

 

No noso  país chamado infancia, todo é posible! E nós os alumnos/as de 5º fomos levados pola arte e pola imaxinación.

Traballamos "O jorobado de Notre Dame" e pasámolo moi ben!!!

 

Preme enriba das imaxes

 

 

 

 

 Un conto no Cole!

"O xinete das árbores"

 

 

Participación no Concurso Chefs Saudables

Un ollar atento sobre o uso dos contos de fadas como ferramenta da educación alimentaria e nutricional, levounos a  abrazar a iniciativa do concurso “Chefs saudables” con moita ilusión e agarimo.

E o resultado foi este!!!

 

 

 

 

 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA: DENDE O 26 DE MARZO ATA O 2 DE ABRIL, AMBOS INCLUIDOS

 

 

Dende o CEIP Mariñamansa abrimos as fiestras a Rosalía de Castro para que todas as súas obras poidan entrar nas nosas aulas.

 

 

OS DÍAS 12,13,E 14 DE FEBREIRO NON HABERÁ CLASE ( ENTROIDO)

 

NO ENTROIDO DISFRAZÁMONOS E PASÁMOLO MOI BEN!!!

  

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Solicitudes de reserva de praza. Do 1 ao 15 de febreiro

Acaba de abrirse o prazo para a entrega das solicitudes de reserva de praza "só para centros adscritos".

O prazo comeza o 1 de febreiro e remata o 15 febreiro.

As familias podedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (co documento que temos no centro), ou a través da dirección www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ onde tedes toda a información.

 

Celebramos o día da Paz!

Coa axuda dos nosos Intérpretes de Signos cantamos e signamos unha canción para celebrar o día da Paz!

O resultado foi  inesquecible! 

 

Preme enriba da imaxe para ver o vídeo

Grazas Iria e Modesto!!!

 

 

As vacacións do Nadal serán dende o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro, ámbolos dous incluidos.

 

 

Para celebrar o Nadal os nenos/as adornaron cada espazo do colexio con moito agarimo e o resultado foi este! 

 

 

O consumo de froita fresca é moi importante no desenvolvemento dos nenos/as.

Os alumnos/as de Educación Infantil prepararon unha xornada moi saudable!!!

    

   

 

Almorzos saudables

Actividade organizada pola Obra Social "La Caixa".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xogos tradicionais e xogos de mesa xigantes no chan do noso patio

 

Desde o noso centro propuxémonos cambiar a cara do noso patio escolar promovendo a aprendizaxe desde o xogo e de maneira lúdica. E despois de moito esforzo o resultado foi este:

  

  

  

  

 

 

  

Para celebrar o Samaín os alumnos participaron en diferentes actividades de "medo" !!!

 

 

Decoraron o colexio, disfrazáronse e comeron cousas terroríficas... 

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O INICIO DAS CLASES SERÁ O DÍA 11 DE SETEMBRO

 

 

 

 

XORNADA LUDICA DEPORTIVA NO COMPLEXO MONTERREI

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PREMIO "CHEFS SAUDABLES"

FLOR DE PRIMAVERA 

 

Organizado pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade

 

 

 

3º POSTO NO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NORABOA Equipo de balonmán do CEIP Mariñamansa!!!

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2017

Está aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario e axuda para a adquisición de libros e material escolar.

O prazo comeza o 22 de maio e remata o 23 de xuño de 2017 .

 

Poden acceder á información pinchando sobre os documentos seguintes aquí abaixo. 

Anexo I

Convocatoria Solicitude Axuda de libros e material escolar

 

 

Teatro en Inglés no Auditorio de Ourense

O pasado Venres, día 26 de Maio, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria asistiron á peza de teatro en inglés "Pinocchio".

 

 

 

Esta actividade foi organizada polo Concello de Ourense.

 

 

 

 Visita ao horto Interxeneracional de Mariñamansa 

18 de Maio de 2017

 

 

 

E Infantil, 1º e 2º E.P.

 

 

 

 Xornada de Acollida no IES Universidade Laboral

4 de Maio de 2017

 

 

 

 Toribio e a Galiña azul visitaron o noso Colexio

 

                          

 

                

 

                  

 

 

TOP CHEF MARIÑAMANSA

Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º deseñaron e confeccionaron unha receita magnífica, titulada "Flor de Primavera".

O verdadeiro "showcooking" na cociña!!!

 

 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA:DO 8 AO 17 DE ABRIL, ÁMBOLOS DOUS INCLUIDOS.COMEZAMOS O DIA 18 DE ABRIL.

 

  Participación nas actividades organizadas pola Deputación de Ourense no   marco da " 3ª semana  Escolar da Árbore e da Auga"

 

Os nosos alumnos acompañados polos seus mestres colaboraron nas actividades de concienciación medioambiental.

Plantaron un castiñeiro  que recibiu o nome de " Pumbariña "

 

Grazas Sindo pola súa colaboración!!!

 

 

Equipo de Balonmán do CEIP Mariñamansa

Campións da liga de balonmán de Ourense

 

Noraboa aos nosos deportistas!!!

 

 

 

Instrucións e formularios de matrícula para o alumnado novo

 

Solicitude de matrícula para o curso 2017/2018

 

Pode facer a solicitude de matrícula entre o 1 e o 20 de marzo, no prazo ordinario.

Deberá entregar a solicitude e a documentación requerida, que se indica a continuación, na Secretaría do Centro, no prazo indicado.

 

Documentación:

Anexo II (para solicitude de admisión) debidamente cuberto. Pode solicitalo na Secretaría do Centro, ou ben descárgalo, cubrilo e imprimilo dende aquí.

DNI do pai, nai ou do titor legal  e alumno/a.

Libro de familia ou similar.

Certificado de empadroamento e convivencia.

Certificado médico.

Fotocopia de la Cartilla da Seguridade Social.

Fotocopia do Calendario de vacinas.

Dúas fotografías tamaño carné.

 

Normativa reguladora:

 

 

Oferta de postos vacantes:

       

CURSO

VACANTES DISPOÑIBLES PARA O CURSO 2017/18

ED. INFANTIL

4º EI

25

5º EI

19

6º EI

20

ED. PRIMARIA

1º EP

22

2º EP

15

3º EP

20

4º EP

13

5º EP

17

6º EP

18

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Data de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

 

 

ENTROIDO: Non haberá clases os días 27, 28 de febreiro e o día 1 de marzo.

 

                                            O entroido                                        

 

O Entroido está a chegar. É tempo de foliada e moita diversión!!!

 

O noso MECO deixounos os seus mandados que teremos que levar a cabo.

O LUNS POLA MAÑÁ

ADORNAR BEN A TESTA

VEN MOI CONTENTO AO COLE

PORQUE XA COMEZA A FESTA

O MARTES AO LEVANTARTE

BUSCA ALGO DIVERTIDO

PONO NO PESCOZO

ESTARÁS MOI LUCIDO

O MÉRCORES TÓCALLE AO CORPO

PON CALQUERA FARRAPO

PENSA QUE TODO VALE

SEGURO ESTARÁS MOI GUAPO

NON ESQUEZAS QUE O XOVES

TÓCALLE A QUENDA AOS TEUS PÉS

ADORNA BEN OS ZAPATOS

COMO FAN OS CEMPÉS

POR FIN CHEGOU O VENRES

TODO XUNTO DEBES VESTIR

ESE DÍA NO TEU COLE

MOITO TE VAS  DIVERTIR

 

                   Consumo de froita  fresca                                  

 

 

Como ten sido habitual nestes últimos anos, participamos no Plan de Consumo de froitas frescas na escola, concedido pola Consellería de Medio Rural, a través do FOGGA.

O obxectivo do plan é incrementar o consumo de froita fresca así coma os hábitos saudables dos nenos e nenas.

A froita repartirase no recreo da mañá (dende as 12:15 ás 12:45)

Os períodos nos que se levará a cabo o plan son os seguintes:

 

1ª semana: do 13 ao 17 de febreiro

2ª semana: do 13 ao 17 de marzo

3ª semana: do 24 ao 28 de abril

4ª semana: do 22 ao 26 de maio

 

Agradecemos a vosa colaboración especialmente nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos/as sobre a importancia do consumo de froita.

 

 

                                                    A Paz                                        

 

 

Na celebración do día da Paz o Equipo de Normalización Lingüística organizou unha xornada moi especial.

Mestres e alumnado compartiron o  camiño cara á PAZ

O resultado foi este!!!

 

 

 

Magosto 

                

 

Aproveitando a época do magosto, fixemos un xogo de pistas cos rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º no que ao mesmo tempo que nos permitiu realizar unha actividade física, tamém abordou unha tradición popular galega.

O resto do alumnado, Infantil, 1º e 2º estiveron no ximnasio realizando actividades artísticas relacionadas coa festa.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut