Skip to Content

Dinamización Lingüística

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

22/06/2021 19:29
Atlantic/Bermuda

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS XELA ARIAS

20/05/2021 22:51
Atlantic/Bermuda

En homenaxe a Xela Arias, organizamos no cole un concurso de marcapáxinas no que participaron todos os alumnos/as do cole. Profesorado e alumnado votou entre todos os marcapáxinas que estaban expostos na entrada do centro, e os tres gañadores foron impresos profesionalmente e repartidos a todos os membros da nosa comunidade educativa.

Todos os deseños eran chulísimos, pero os máis votados foron os de Mireia (na categoría de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria), Ana (na categoría de 3º e 4º de E. Primaria), e Miruna (na categoría de 5º e 6º de E. Primaria). Parabéns ás tres!

     

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

11/05/2021 22:06
Atlantic/Bermuda
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, o alumnado do cole estivo traballando sobre a autora homenaxeada este ano, Xela Arias. Entre todos/as creamos esta revista dixital para que tamén a coñezades vós un pouquiño máis... esperamos que vos guste!

 

DÍA DO LIBRO 2021

26/04/2021 00:20
Atlantic/Bermuda

O pasado venres, 23 de abril, festexamos o Día do Libro no noso cole... e aquí podedes ver o ben que o pasamos!

NOVAS

23/02/2021 22:45
Atlantic/Bermuda

 

- PRAZOS FONDO LIBROS /AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/24

 

@s alumn@s de 6º comenzan os preparativos para a celebración do Día das Letras Galegas con este vídeo tan fermoso! 

Taller de Ecopercusíon

(Organizado en colaboración coa asignatura de Música, o Equipo de Biblioteca Escolar e o CFR Ourense, a través dos Pfpps do centro)

Hoxe pasamos unha xornada do máis divertido e animado. As nosas mamás e os nosos papás estiveron no Cole e participaron con nós nun taller de ecopercusión.

Unha actividade fantástica que nos achegou a todos á percusión, recoñecendo ritmos e sonoridades.

Grazas Didier polo día inolvidable que nos proporcionaches!  

 

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO RECIBIMOS NO NOSO COLE A ESCRITORA MARÍA VICTORIA BERJANO CID

FOI UN DÍA MOI ENTRAÑABLE!

 

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!

 

Vémonos á volta (o día 11 de abril) coas pilas cargadas.

 

Para celebrar o Día da Auga @s alumno@s de 3º e 4º fomos ao Centro de Interpretación de as Burgas.

Aprendemos moito sobre a temática da auga e sobre a riqueza termal da nosa cidade.

 

 

 

 

Visita d@s alumn@s de 5º e 6º á Policía Local

Encontros co autor

No pasado día 9 de marzo fomos de excursión ao Liceo para coñecer a Lois Pérez.

Despois da interpretación do seu libro "A gruta da Torre" quixemos facer algunhas preguntas ao escritor.

Que día tan especial!!!

 

Celebración do Día da Muller 

Para celebrar o 8M fixemos unha morea de actividades no Cole.

Asistimos ao Contacontos de Uxía Morán, ao Teatro con Trémula Teatro e a unha Sesión de Cine na Escola.

Pasámolo xenial!

 

Sesión de Contacontos

 

FROITA NA ESCOLA

INFORMAMOS AS DATAS DE DISTRIBUICIÓN DE FROITA FRESCA NA ESCOLA

2º PERIODO 

 

FROITA - DO 13 AO 24 DE MARZO

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

 

Reserva de prazas en centros de adscripción.

                (segundo Orde do 21 de outubro de 2022)

Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

Reserva de praza: · Alumnado 6º curso

Antes do 28 de febreiro de 2023

Publicación listaxe alumnado con posto reservado.

FROITA NA ESCOLA

UNHA VEZ COMUNICADA A RESOLUCIÓN DA AXUDA CONCEDIDA POLO FOGGA PARA O SUMINISTRO DE FROITAS FRESCAS E LEITE NA ESCOLA, INFORMAMOS AS DATAS DE DISTRIBUICIÓN 

1º PERIODO

FROITA - DO 16 AO 27 DE XANEIRO

 

LEITE- DO 27 DE XANEIRO AO 28 DE FEBREIRO

Entroido no Cole

Hoxe, 24 de febreiro, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA con estas montaxes tan chulas feitas cos debuxos dos nosos alumnos e alumnas e as cancións de Uxía Senlle. Desexamos que vos guste!

EDUCACIÓN INFANTIL: XAN

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: ROSALÍA PEQUENIÑA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: COMO CHOVE MIUDIÑO

3º EDUCACIÓN PRIMARIA: HAS DE CANTAR

4º EDUCACIÓN PRIMARIA: MAIO LONGO

5º EDUCACIÓN PRIMARIA: FALARES DE AMOR

6º EDUCACIÓN PRIMARIA: ALBORADA

SAMAÍN 2020

27/01/2021 02:18
Atlantic/Bermuda

Aínda que con algo de retraso por problemas técnicos... aquí vos deixamos o vídeo da nosa celebración de Samaín no cole. Estivo de medo!

O XOGO DO MAGOSTO: ANÍMATE A RESOLVER TODOS OS RETOS!

03/11/2020
Atlantic/Bermuda

Preme na imaxe para acceder ao xogo

LETRAS GALEGAS 2020: COÑECES A CARVALHO CALERO?

03/11/2020
Atlantic/Bermuda

Dinamización Lingua Galega

 

Homenaxeando a Casares, Maniñamansa vestiuse con carteis...

               

 

     

 

        

 

         

         

 

Chegou Toribio contando e os nenos despedíronno rapeando...

 

  

 

      

 

         

 

Rap de Toribio

 

 

A Galiña azul estaba caladiña por iso nós dedicámoslle esta obriña...

 

      

     

 

A nosa obriña de teatro "A Galiña Azul"

 

 

Moitos materiais elaboramos nos que todos participamos...

   

    

 

 

      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nosos cómics

 

 

 

Este día tan especial, pasámolo xenial!

 

      

 

          

 

 

Para ver máis preme no vídeo abaixo.

 

 

MOITAS COUSAS FIXEMOS PORQUE A NOSA LINGUA QUEREMOS:

QUEN É QUEN: XOGO DAS ADIVIÑAS.

O MONSTRO DE CORES: OBRADOIRO EMOCIÓNS

 

       

      

 

 

         

 

 

COMO NON NOS PODÍA FALTAR

UN CALENDARIO PLURILINGÜE

HOUBO QUE ELABORAR…

 

 

 

 

 

NO COMEDOR XUNTÁMONOS MOITOS

DE AQUÍ E DE ACOLÁ…

UN MENÚ PARA TODO,

NON PODÍA FALTAR… 

        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O NOSO ENTROIDO VAIA PASADA,

OS MANDADOS DO MECO, DISFRACES…

E  FESTA RACHADAAAA!!!!!

 

 

 

 

 

30 DE XANEIRO…

UN CAMIÑO DE PEGADAS, UNHA FERMOSA POMBA

E AS ILUSIÓNS DOS NENOS CONTADAS…

 

 

 

 

 

 

 

NO MAGOSTO DE MARIÑAMANSA

OS NENOS PARTICIPARON NOS OBRADOIROS

E NA GIMKANA…

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut