ADMITIDOS TODOS OS ALUMNOS QUE SOLICITARON PRAZA NO COLE PARA O CURSO 2022-2023
Dende o 13 de maio de 2022 están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido no CEIP Mariñamansa para o curso 2022-2023.
Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.
O PASADO DÍA 24 DE MAIO RECIBIMOS NO NOSO COLE AO CLUB DE HOCKEY ALBOR E OS ALUMNOS DE 4º5º e 6º DE E.P. GOZARON MOITÍSIMO.
Hoxe tivemos unha actividade moi interesante que o Concello de Ourense nos proporcionou. Inma axudounos a entender a importancia da relación coa natureza para unha vida saudable.
No día de S. Valentín os alumnos de 5º e 6º quixeron dar un agasallo a tod@s aqueles que axudan na súa educación: unha fermosa postal en portugués.
Que sorpresa tan bonita!!!
Hoxe co noso alumnado de 6º recibimos a escritora Andrea Maceiras.
Unha xornada moi interesante. Moitas preguntas e unha chea de dedicatorias da autora no seu libro "A folla azul".
Celebramos o Día da Paz e Non Violencia 2022. Queredes ver o que fixemos?
(Pincha nos vídeos para ver)
Un pouquiño do Nadal no noso Cole...
Días cargados de emoción e actividades.
Deixamos aquí, unha pequena mostra.
Para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidades suxerimos distintas propostas para traballar nas aulas.
Un Magosto con moita diversión!
O pasado día 12 celebramos o Magosto, no noso Cole.
Fixemos xogos de pistas, creacións orixinais con produtos de outono, danzas ao son de Rap e degustamos moitas, moitas castañas!
(Pincha na imaxe para ver )
Celebración do Samaín no Cole
Un día inesquecíbel!
(Pincha nas imaxes e verás...)
Os nenos/as de 5º do noso Cole prepáranse para o Samaín.
Esperámosvos o xoves, 9 de setembro, no horario habitual:de 09:30 a 14:30 (xornada lectiva) e ata 15:00 para os que fan uso do servizo de comedor escolar.