Skip to Content

PVAD: PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

CLUBE DE PATINAXE OURELA: XOGADE

A través do programa Coñece o meu clube de XOGADE visitounos o pasado 2 de maio o Clube de Patinaxe Ourela.

A súa presidenta deu a coñecer o clube e o deporte e ademáis tres fantásticas patinadoras e compoñentes do clube fixeron sendas demostracións para o asombro de todos os nenos e nenas co centro.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

INICIACIÓN A ORIENTACIÓN CON XOGADE

O mércores 24 de Abril os nenos e nenas de 5° e 6° de EP visitamos as instalacións do Parque da Veronza en Ribadavia para poñer en práctica o aprendido no centro. A través dun magnífico circuito de Orientación e ca axudade Limiaactiva podemos experimentar unha simulación dunha carrera de Orientación no parque e no campo de fútbol.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

 

OBRADOIRO DE CANTIGAS E XOGOS POPULARES

Dende o CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense, visitáronnos Lito e Erea no  XIX Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais, deseñado para alumnado dos últimos cursos de Primaria.

A sesión que escollemos recibir foi a de Xogos bailados e entroutos bailes destacaron O regador e O Lambonciño.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

INICIÁMONOS NA ORIENTACIÓN NA NATUREZA

Aproveitando a chegada do bo tempo para o desfrute o patio por parte do alumnado, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo comezaron a traballar a orientación a través de xogos e dun  mapa simplificado do centro educativo. O longo das distintas sesións faremos distintos xogos e aprenderán a desenvolverse mellor seguindo as indicacións.

XOGADE: ESCALADA

O programa XOGADE xunto co clube ASESOU na súa actividade de PROMOCIÓN DA ESCALADA recibiunos o 7 de marzo nas instalacións do rocódromo do Pavillón dos Remedios, os nenos e nenas do centro pudieron experimentar e practicar distintas subidas no rocódromo compartido unha mañá agradable.

 

 

XOGADE: VOLEIBOL

Na derradeira semana do 2º trimestre o alumnado tivo unha toma de contacto co Clube Voleibol Ourense, dando a coñecer o deporte, a través da actividade COÑECE O MEU CLUBE, practicaron a técnica do deporte en dúas sesións para toda EP. 

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

 

PLAN COLEXIOS: FEDERACIÓN GALEGA DE HOCKEY

Centro de Tecnificación de Galicia da Federación Galega de Hóckey puxo en marcha o Plan Colexios 2023 que leva a iniciación ó hóckey a máis de 15 colexios das provincias de Ourense, Vigo e Pontevedra.

Os nenos e nenas de 2º a 6º de EP terán o seu primeiro contacto con deporte no ámbito escolar puideron desfrutar de días sesións las que coñeceron aspectos básicos da técnica ademáis de conocer as regras e o xogo.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

 

XOGADE: XOGANDO CO ATLETISMO BENXAMÍN

O 22 de Febrero os nenos e nenas de 3º e 4º de EP puideron disfrutar dunha xornada de XOGANDO CO ATLETISMO nas instalacións de Expourense incluído no XOGADE, éste incluía varias probas tales coma:

1. Carreira de 60 metros con testigo.

2. Lanzamento de balón.

3. Lanzamento de vórtex.

4. Salto de lonxitude.

5. Carreira gran prix de relevos.

6. Saltos laterales

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS

 

XOGADE: XOGOS POPULARES

21/11/2023 13:58
Atlantic/Bermuda

Na 3ª semana do mes de novembro puidemos contar no centro coa colaboración de XOGADE con diversos materiais para xogar á Billarda, aos Birlos e á Chave.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS 

XOGADE: ATLETISMO EN PISTA

26/01/2024 13:24
Atlantic/Bermuda

Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP puideron desfrutar dunha xornada de Atletismo en pista nas instalacións de Expourense compartindo unha mañá con varios centros da provincia. A actividade realizada a través de XOGADE incluía varias probas tales coma:

1. Carreira de 60 metros lisos.

2. Lanzamento de peso.

3. Lanzamento de vórtex.

4. Salto de lonxitude.

5. Carreira 500 metros.

6. Carreira de relevos 12x 60 metros.

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO ÁLBUM DE FOTOS 

Distribuir contido


by Dr. Radut